Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Outras 9 mortes elevan a 130 os falecidos con coronavirus en hospitais de Galicia

VIGO. EP  | 02.04.2020 
A- A+

O falecemento doutras 9 persoas nas últimas horas, nas áreas sanitarias da Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo e Santiago, eleva a 130 as mortes rexistradas en hospitais galegos de pacientes con coronavirus.

Segundo informaron fontes de Sanidade, nas últimas horas faleceron catro homes de 70, 76, 78 e 87 anos de idade no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; un home de 80 anos de idade e unha muller de 84 anos, ambos no Hospital de Verín; un home de 82 anos no Hospital Montecelo de Pontevedra; e un home de 87 anos de idade no Hospital Lucus Augusti de Lugo. Todos eles con patoloxías previas.

A estas mortes súmase un noveno paciente falecido, un home de 87 anos de idade, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Con estes datos de mortes en hospitais galegos, o número de vítimas mortais do coronavirus na área sanitaria da Coruña ascende a 41; seguida de Ourense, con 22 mortes. A área de Vigo rexistrou até agora 21 falecementos en hospitais; en Santiago rexistráronse 17 mortes; na área de Lugo 11 falecidos; e nas áreas sanitarias de Ferrol e Pontevedra, 9 falecidos en ambos os casos.

Do total de falecidos con COVID-19 en hospitais de Galicia, un centenar foron homes (o 76,92 %), mentres que 30 foron mulleres (o 23,08 %)

Na xornada do mércores, o número de falecidos en hospitais galegos foi de 17 persoas, de idades comprendidas entre 58 e 91 anos, nas áreas de Vigo, A Coruña, Ferrol, Ourense, Santiago e Lugo.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS