Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Outras tres mortes en hospitais elevan a 515 as vítimas mortais en Galicia con COVID-19

SANTIAGO. EP
A- A+

Outras tres mortes rexistradas nas últimas horas en hospitais galegos elevan a 515 as vítimas mortais que se cobrou en Galicia a crise sanitaria do coronavirus.

Fontes sanitarias informan de que faleceron unha muller de 88 anos e un home de 92 que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) e unha muller de 95 que estaba ingresada no tamén centro de vigués de Povisa. Todos eles tiñan patoloxías previas.

Tamén nesta xornada, Sanidade informou de tres mortes en hospitais galegos: dúas mulleres de 90 e 83 anos, respectivamente, que estaban ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e un home de 92 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Todos tiñan tamén patoloxías previas.

Coa última actualización, o número de falecidos en atención hospitalaria ascende a 394, entre os que está unha persona que recibía atención hospitalaria no seu domicilio.

Por áreas, rexistráronse 111 mortes na área sanitaria da Coruña, 79 na área de Vigo, 79 na área sanitaria de Ourense, 62 mortes na área sanitaria de Santiago, 23 na área de Ferrol, 25 na área de Lugo e 15 na área sanitaria de Pontevedra.

RESIDENCIAS
En canto aos falecidos en residencias, Sanidade informou este sábado de que sobe de 116 a 121 o número de falecementos rexistrados dentro dos centros xeriátricos.

En concreto, informou de cinco mortes este sábado: unha na residencia Concepción Arenal (A Coruña), unha de DomusVi Matogrande (A Coruña), unha do centro residencial Portazgo (A Coruña), unha da residencia As Fragas (Pontedeume) e unha de DomusVi Cangas. En total, o número de falecidos en centros xeriátricos elévase, así, a 121, fronte aos 116 que se contabilizaban na pasada xornada.

Mentres, concretou que ascenden de 113 a 116 as persoas vinculadas a centros residenciais que morreron en hospitais ou residencias integradas.

Con este balance, o número de persoas vinculadas con estes centros que faleceu en Galicia polo COVID é de 237, un 46,2% do total de vítimas mortais do coronavirus rexistrados na comunidade.

Desde que empezou a pandemia, morreron 22 maiores dentro do centro DomusVi de San Lázaro, 20 no DomusVi de Cangas, outros 20 na residencia A nosa Señora da Esperanza, 11 na DomusVi do barrio vigués de Barreiro, e 5 na residencia Moledo (Vigo).

Tamén se produciron 9 no Portazgo (A Coruña), un no Fogar Bellolar, outro na residencia de Castro Caldelas, 7 en Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), cinco na DomusVi Matogrande (A Coruña), tres na Santa Teresa de Jornet (A Coruña), un na Caser A Zapateira (Culleredo), un en San Carlos de Celanova, dous na residencia Divino Maestro (Ourense), 3 na residencia San Pedro de Crecente, tres nas Fragas de Pontedeume.

Finalmente, faleceu tamén un usuario na residencia de Bande, un na de Foz, outro na nosa Señora de Fátima (O Barco de Valdeorras), dúas na residencia DomusVi Concepción Areal da Coruña, un residente no centro San José de Ourense, e outro na Fundación José Otero de Santiago.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS