Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 27.08.2014  | Actualizado 12.49

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

ARDENTÍA

Outras vías para saír da traxedia da crise

MANUEL DOURADO DEIRA  | 20.04.2012 
A- A+

Son xa moi numerosas as correntes de opinión integradas por persoas, máis o menos expertas, que recomendan outras vías de  implementación ás dos tráxicos recortes que tanta miseria e mesmo desesperación están a causar. Si, é imprescidindible rebairxar a débeda ata certos límites marcados pola Srª Merkel e o seu lugartenente Sarkozi; pero só a base de recortes, non sairemos dese pozo negro. Son opinións emitidas por entidades e organismos tanto nacionais coma internacionais.
A tal respecto, ven de celebrarse a prestixiosa Semana Galega de Filosofía de Pontevedra, na súa XXIX edición (Aula Castelao, do 9 ó 13 de abril), onde varios persoeiros trataron o tema da crise, que non é só española, senón europea e mesmo mundial. Publicaron un dossier coas propostas dos asistentes que serviu de material de traballo. Ten unhas 50 páxinas e aínda non lles podo falar delas, porque non tiven tempo de lelas e meditalas a fondo. Pero espero poder facelo proximamente. Sobre todo, das que considere máis transcendentais.
Hoxe, vou ter en conta unha serie de datos elaborados polo “Estudio do Instituto Tax Reseahc do Reino Unido que cifra en 212.125 millóns de euros da economía somerxida que supón ao ano un 22.5 % do PIB da economía de España. E deixa de ingresar 74.032 millóns de € por ano. Así o acredita o citado Instituto a petición do grupo dos socialistas e demócratas do Parlamento Europeo.
Entón, pregúntome:  Por que o Goberno non ataca este capítulo, entre outros, para minorar     o déficit que temos, no canto de cargar nos máis débiles ese nefasto prorrateo, que leva a miles e miles de familias á miseria e a indixencia? Non o comprendo. Que hai detrás desta indecisión? Porque me imaxino que non se pode achacar a ignorancia, porque entón, había que poñer en dúbida unha mínima aptitude para gobernar. Pero non llo están a suxerir por todas partes? Pois, pese a iso, seguen erre que erre co que lle ordena Bruxelas a instancia da Srª Merkel. Sen embargo, en Alemaña, Holanda, Islandia, entre outras nacións europeas, están crecendo. Por que non se arbitra un harmónico equilibrio entre o déficit e o investimento, anque este sexa moito menor?
Por outra banda, continúa o documento citado, o Secretario Executivo da UE da dirección federal do PSOE, Sr. Moscoso del Prado,  di, con moita razón, que ese importe  dese 70 % da economía somerxida que España deixa de recadar equivale ao 70% do gasto sanitario. Magnífica axuda, non, Sr. Rajoy? Por que o Goberno non elabora estimacións desa débeda, e logo, vai investigando máis en serio todo ese capítulo e outros que tamén poidan resultar fraudulentos?
Srs. Responsables da economía, prégolle que estudien este e outros capítulos, que os hai,  antes de cargar o peso do déficit nos máis débiles? Creo que algo disto andan bruxuleando; pero, por que non se atreven a dar pasos máis decididos por esas vías,..? É desexable, necesario e conveniente. Hai quen opina que é unha cuestión de sentidiño común.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS