Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 21.05.2013  | Actualizado 01.39

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

tensión no psdeg

Pachi Vázquez evita aclarar se negociará con Carmela Silva

Tampouco di en qué momento de tramitación está o expediente

SANTIAGO. EP  | 03.07.2012 
A- A+

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, evitou este luns aclarar en qué momento procedimental está o expediente á concelleira en Vigo e deputada no Congreso, Carmela Silva, así como tampouco dixo se se reunirá con ela, como propuxo o voceiro parlamentario socialista, Abel Losada, para chegar a un acordo e evitar ruído en torno ao partido.

"Hoxe o drama deste país chámase preferentes, que son as familias que non teñen para comer", manifestou Pachi Vázquez, quen foi preguntado en rolda de prensa ata en tres ocasións por en qué momento está o expediente que a permanente da executiva decidiu abrir hai unha semana este luns abrir un expediente á edila por o incumprindo a norma de incompatibilidades.

En todas as ocasións evitou pronunciarse sobre esta cuestión aludindo a que o motivo da rolda de prensa xiraba en torno aos afectados polas preferentes, aínda que si respondeu a unha pregunta previa, sobre as negociacións cos grupos para a renovación do Valedor, e a outra posterior, sobre o acordo con Pémex.

"Levo moito tempo en política, vivín situacións, pero a cara de drama que vexo reflectida nesta xente, paréceme que temos que subir moito, moito, pero moito, o nivel de preocupación que temos todos neste tema das preferentes porque creo que non somos conscientes do que está a pasar", respondeu cando foi preguntado por se negociará con Carmela Silva.

E sobre se considera que hai moito ruído en torno ao seu partido, Pachi Vázquez subliñou que "este acto demostra que os socialistas están nos problemas da xente". "Eu dende logo voume cinguir a resolver problemas á xente, porque a verdade é que hoxe vi unha cousa que me satisfai, vi esixencias, pero vi esperanzas, vi xente abaixo que sabe que somos unha das poucas esperanzas que lle quedamos para resolver un problema dramático", resolveu.

En virtude do acordo adoptado pola permanente da executiva do PSdeG, non só se propón á dirección galega do partido a apertura dun expediente a Silva por "unha falta moi grave", senón que se "esixe" á Executiva Federal que tamén estude unha posible sanción á viguesa á vista do seu comportamento. A última palabra sobre este expediente correspóndelle a Ferraz ao ser deputada nas Cortes.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS