Hemeroteca web
|
RSS
Venres 24.05.2013
| Actualizado 12.57
Pachi Vázquez fala de "imaxe daniña" e apunta a Feijóo
SANTIAGO. EP | 10.04.2012
O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, volveu a chamar a atención este martes sobre que a situación xudicial do alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roia, leva "unha imaxe absolutamente daniña" da capital galega e da propia comunidade. En todo caso, xulgou que "quen ten que falar" é o presidente Alberto Núñez Feijóo para "dicir o que está a pasar".
"Sigo sen entender que non fale", incidiu Vázquez, preguntado nos corredores do Parlamento sobre as explicacións ofrecidas onte polo rexedor compostelán. "Vou esperar a ver que di para opinar tamén eu", ironizou, consciente de que a recoñecida débeda de Conde Roia con Facenda xera "un problema de imaxe pública".
Fronte a iso, fixo fincapé en que "todos" no PP "están desaparecidos" para pedir aos seus dirixentes "que digan con claridade" que ocorre. Tras subliñar que distintos cargos socialistas locais e autonómicos pronunciáronse, volveu a criticar que Feijóo "segue sen abrir a boca e escapándose polos corredores".
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.