Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 14:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Pachi Vázquez ficha para o seu novo proxecto político a María Rey, exconcelleira de Ciudadanos en Pontevedra

PONTEVEDRA. EP  | 20.09.2019 
A- A+

O portavoz do grupo municipal de Espazo Común de Carballiño, Pachi Vázquez, anunciou este venres en Pontevedra a incorporación ao seu proxecto político da exconcelleira de Ciudadanos María Rey.

Tras abandonar a formación laranxa, María Rey xunto ao seu equipo súmanse a este proxecto "ilusionante" liderado polo exsecretario xeral do PSdeG-PSOE co que buscan "romper moldes" fronte aos partidos tradicionais que, ao seu xuízo, "esquecéronse das persoas e só usan os votos da xente para a súa propia axenda política".

Pachi Vázquez referiuse a María Rey como unha persona "electoralmente competitiva, socialmente activa e persoalmente comprometida".

Pola súa banda, Rey prometeu que, nesta nova formación, manterá a liña de traballo que o seu equipo defendeu os últimos catro anos buscando que a cidade "non sexa un decorado".

Vázquez entende que no actual panorama político "hai espazo" para unha formación como Espazo Común que, segundo dixo, é unha formación "socialdemócrata, de centro esquerda e de ámbito galego", que ocupa a súa acción política "nos concellos e nos pobos".

Respecto dos comicios autonómicos de 2020, tampouco se fixou obxectivos. "Dependerá da nosa velocidade de crecemento e expansión".

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS