Hemeroteca web
|
RSS
Domingo 26.05.2013
| Actualizado 02.18
un 3,35% menos
O paro baixa en xullo en 9.005 persoas en Galicia, ata 260.198
SANTIAGO. EP | 02.08.2012
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) situouse ao finalizar xullo en Galicia en 260.198 persoas, tras baixar en 9.005 persoas, un 3,35% menos que en xuño, segundo informa este xoves o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
En termos absolutos, a caída intermensual galega é a segunda maior por comunidades, tan só superada pola de Andalucía, onde a cifra de desempregados descendeu en 9.919 persoas. Porcentualmente foi a maior diminución en relación cos datos de xuño, do 3,35%, case tres puntos por enriba da baixada da media (-0,6%).
No conxunto do Estado, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) alcanzou os 4.587.455 persoas ao termo de xullo, tras caer en 27.814 desempregados.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.