Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 26.06.2017 Actualizado 20:46
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

NOTICIAS COTIÁS

Paseando con Antonio Machado…

RUTH FERNÁNDEZ  | 23.05.2017 
A- A+

Os filólogos… os amantes da literatura… devecemos polos versos recitados a carón dos espazos que fixeron nacer as súas grandes obras. Non é o mesmo ler Campos de Castilla estomballados no sofá da casa que degustar os versos de Machado paseando á beira do río Duero, camiñando por Soria e imaxinándoo pasar polos mesmos sitios que nós pisamos, sentindo latexar a esencia do poeta na aula do instituto que levao seu nome e onde foi profesor de Francés ou onde paseou coa súa muller Leonor Izquierdo, loitando por aferrarse á vida e esperando atopar ‘otro milagro de la primavera’, onde se atopa o ‘Mirador dos catro ventos’, cunha silueta da parella.

 

Varios percorridos semanas atrás leváronme ós lugares emblemáticos da obra de Antonio Machado, dende o lugar da pensión do Collado onde se hospedou ó chegar a Soria para dar clase ata San Saturio ou o Mirón, onde intentaría que a súa dona osixenase os seus pulmóns cos paseos e volvese á vida, unha vida que, sen poder remedialo, e tan só tres anos despois do matrimonio, se lle ía entre os seus dedos, facendo nacer os versos de ‘A un olmo seco’ de Campos de Castilla e ‘A José María Palacio’, pedíndolle ó seu bo amigo que non descoidase a tumba de Leonor Izquierdo, que lle levase flores a onde se atopaba o seu amor: ‘Con los primeros lirios/ y las primeras rosas de las huertas, en una tarde azul, sube al Espino,/ al alto Espino donde está su tierra…’ Morría enferma de tuberculose o 1 de agosto de 1912.

 

Ó lonxe o Moncayo e aproximándonos á ermida de San Saturio (patrón de Soria) lembramos outros dos seus versos… cando fai referencia á curva de ballesta, metáfora que emprega Machado para referirse ó debuxo do río Duero, na terra que levaría sempre no corazón malia non querer volver pisala despois da morte de Leonor. Dicía o poeta : ‘Si la felicidad es algo posible y real –lo que a veces pienso– yo la identifico mentalmente con los años de mi vida en Soria y con el amor de mi mujer’, á que lle levaba case vinte anos e que se convertiu na razón da súa existencia dende o momento en que a viu por primeira vez na pensin﷽﷽﷽﷽﷽﷽﷽﷽ gro de la primavera’, onde utor de a rapaza tiña sia. Riqufoi socio Antonio Machado e que tamón, casando con ela o 30 de xullo de 1909, cando a rapaza tiña só 15 anos e el 34.

 

Ás portas de San Juan de Duero, cos seus fermosos arcos, lembramos tamén a Bécquer, coa súas famosas lendas ‘El monte de las ánimas’ ou ‘El rayo de luna’. É un lugar cheo de beleza, que se torna máxico e cheo de misterio.

 

Paseando polo centro de Soria hai que facer unha parada no Casino (hoxe ‘Círculo de la Amistad’, do que foi socio Antonio Machado (ó que alude no poema ‘Del pasado efímero’) e que tamén frecuentou un membro da xeración do 27, Gerardo Diego. Achegarse ata a Alameda de Cervantes e tomar algún Ribera del Duero nos , ademáis de mercar a famosa manteiga de Soria, con Denominación de Orixe propia. Riquísima. Recomendación: Mantequerías York.

 

Marcho de Soria lembrando estas palabras do autor de Soledades: ‘Cinco años en la tierra de Soria, hoy para mí sagrada –allí me casé; allí perdí a mi esposa, a quien adoraba—, orientaron mis ojos y mi corazón hacia lo esencial castellano…” (Prólogo a la tierra de Alvargonzález). Nunha carta a Miguel de Unamuni en 1913 dille ‘yo hubiera preferido morir mil veces a verla morir, hubiera dado mil vidas por la suya...’

 

Remato esta lembranza de Machado, despois de visitar a aula na que impartiu clase, co seu poema ‘Retrato’, traendo á memoria mentres escribo estas liñas os lugares emblemáticos polos que pasei da súa man…

 

A mi trabajo acudo, con mi dinero pago

el traje que me cubre y la mansión que habito,

el pan que me alimenta y el lecho en donde yago.

 

Y cuando llegue el día del último viaje,

y esté al partir la nave que nunca ha de tornar,

me encontraréis a bordo ligero de equipaje,

casi desnudo, como los hijos de la mar".

 

Ruth Fernández

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS