Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 25.09.2018 Actualizado 20:39
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A patronal galega rexeita a folga porque pode "prexudicar" a iniciativas de negociación pola igualdade

SANTIAGO. EP  | 07.03.2018 
A- A+

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) rexeita a folga feminista do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, porque "afectará á produción e prestación de servizos das empresas" e porque "pode prexudicar" --alega-- a iniciativas de negociación impulsadas no ámbito da igualdade.

A pesar de non apoiar a convocatoria, a patronal manifestou nun comunicado o seu "compromiso coa consecución da igualdade de xénero e a eliminación de calquera discriminación directa ou indirecta".

Neste sentido, a CEG asegurou que xa traballa en "varias mesas de participación e diálogo social" nas que se abordan iniciativas neste ámbito.

Segundo explicou, un dos órganos creados é a comisión consultiva para a igualdade entre mulleres e homes na negociación colectiva do Consello Galego de Relacións Laborais, no que se abordan iniciativas como unha guía de boas prácticas en materia de igualdade na negociación colectiva e a elaboración dun protocolo contra o acoso no ámbito laboral.

Do mesmo xeito, a CEG lembrou que se acordou unha cláusula tipo sobre violencia de xénero para os negociadores en convenios colectivos, ademais dun acordo macro de igualdade adoptado pola patronal após reunións en 2017 coas organizacións sindicais máis representativas de Galicia.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS