Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

MACÍAS ADVIRTE DE TERRIBLES CONSECUENCIAS

A patronal mineira ve Corcoesto como proxecto "viable, sostible e rendible"

SANTIAGO. ANDREA ENRÍQUEZ/EFE  | 13.07.2013 
A- A+

O presidente da Confederación Nacional de Empresarios da Minería e a Metalurgia (CONFEDEM), Juan José Cerezuela, considera que o proxecto de explotación da mina de ouro ao descuberto en Corcoesto é "viable, sostible e rendible", e cre que este sector pode xerar emprego en Galicia.
  "A minería en Galicia xerará moitos postos de traballo estables e de calidade", afirmou nunha entrevista con Efe o responsable da patronal mineira, que participou esta semana nunha xornada de reflexión sobre a influencia da actividade extractiva de materias primas no desenvolvemento económico e social, coorganizada pola Cámara oficial mineira galega.
  Para Cerezuela, Galicia poderá ser unha comunidade "punteira" no sector mineiro aproveitando o "momento moi interesante" no que algúns empresarios "están expondo unha serie de proxectos, todos eles ben estudados e ben definidos".
  Galicia está "totalmente incluída" na estratexia que a Unión Europea puxo en marcha sobre materias primas, "cunha base moi forte e moi importante que son os recursos do subsolo que posúe" apuntou.
  Respecto dos plans da Xunta para o desenvolvemento da minería en Galicia, Cerezuela valorou que "están moi ben pensados e son moi interesantes".
  Nese sentido, indicou que o proxecto da multinacional canadense Edgewater para extraer ouro da mina de Corcoesto é "interesante" e "ten moi bo perfil".
  Así mesmo, subliñou que "está totalmente dentro da formulación normativa de regulacións xurídicas" con "moi boas perspectivas" para Galicia, unha zona que "sempre foi e tivo vocación mineira".
  Asociacións ecoloxistas, partidos políticos e organizacións sindicais critican a falta de suficientes medidas de protección do medio ambiente e a escaseza de garantías económicas deste proxecto, que a Xunta paralizou polo momento condicionado á o cumprimento de maiores de maiores garantías técnicas e económicas.
  O catedrático de Edafología e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Felipe Macías advertiu precisamente de que a actividade mineira pode ter terribles consecuencias a falta de acordos precisos e claros.
  Macías salientou que a extracción de ouro mediante a utilización de cianuro é unha técnica "suficientemente coñecida e amplamente desenvolvida nunhas cheas de países do mundo".
  Respecto das medidas de seguridade, observou que iso depende das condicións en que se aplica, de maneira que hai algunhas "extraordinariamente horrorosas que contaminan porque se fixeron mal e hai minas que funcionan de marabilla e que non teñen ningún problema".
  Nese sentido, Macías aclarou que "non é un problema de minería" senón que é unha cuestión de "tecnoloxía e ciencia, e de ter conciencia de facelo ben".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS