Coas augas máis que revoltas no socialismo galego, e á espera do que saia do congreso do PSOE, esta fin de semana, fontes do PSdeG aseguran que foi o ex presidentre do Goberno español quen lle pediu expresamente ao seu ex ministro de Xustiza que dera a cara por Chacón. Se ela lle gaña a Rubalcaba en Sevilla, Caamaño reforzará o seu peso como barón e as súas posibilidades de desbancar a Pachi Vázquez como candidato á Xunta. Incluso podería entrar, din esas fontes, no alto estado maior do hipotético novo PSOE como portavoz socialista no Congreso dos Deputados.