Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 25.04.2019 Actualizado 20:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Pedro Duque: "Se vos din que o Goberno gastou o diñeiro que non había e deixará a España na ruína vos minten"

O ministro de Ciencia asegura en Lugo que "polas naves espaciais estase máis cómodo que nun Congreso cheo de xente insultando"

Pedro Duque con Gonzalo Caballero, Lara Méndez e outros socialistas en Lugo - FOTO: EP
Pedro Duque con Gonzalo Caballero, Lara Méndez e outros socialistas en Lugo - FOTO: EP

LUGO. EP  | 15.04.2019 
A- A+

O Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, nun mitin en Lugo, non escondeu "non" saber como funcionan este tipo de "reunións" e deixou caer ao comezo da súa intervención que "polas naves espaciais estase máis cómodo que nun Congreso dos Deputados cheo de xente insultando".

Non se puido escoller mellor escenario para este enxeñeiro aeronáutico e astronauta que o salón de actos do Instituto Lucus Augusti, o instituto "máis antigo de Galicia", cheo con máis de 300 persoas.

Desde a perspectiva dos Consellos de Ministros asegurou que nestes dez meses deron mostras de "credibilidade e de ser un valor seguro". "Non sei si haberá moita xente aquí que estea esperando a que lles convenzamos ou se xa estades todos convencidos. Non sei como funciona isto das reunións estas", chanceaba ante un auditorio rendido que non puido reprimir as risas.

Pero a continuación trasladou "que se ides por aí e dinvos que o Goberno socialista gastou o diñeiro que non había e que vai deixar a España na ruína están a mentir".

"Eu estiven sentado en todos os Consellos de Ministros e non nos deixaron gastar un duro que non houbese. A ministra de Economía, mírame a min para facer as políticas como propugnan os mellores economistas de ciencia e innovación para que a economía non só se manteña agora, senón que creza no futuro", sinalou.

Da mesma formas sentenciou que "se ides por aí e alguén vos di que estes señores se venderon aos independentistas, que non. Tamén é totalmente mentira", clamou entre aplausos.

"Xamais no Consello de Ministros falouse de facer ningunha cesión que non estea contemplada nas leis e na Constitución", recalcou.

Pedro Duque estivo precedido polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que apelou a que "non se pode quedar ningún voto progresista en casa" o 28 de abril, ante a "involución social" que atribúe ás "tres dereitas" de facerse co goberno central.

Tamén interviñeron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, para pedir o voto polo PSOE, dado que, interpretou, "a Lugo vaille ben cando gobernan os socialistas".

Ademais participaron no mitin a candidata ao congreso por Lugo, Ana Prieto, e o secretario provincial Álvaro Santos que reivindicou o idioma galego. "Non podemos consentir ningunha ameaza ao galego", proclamou.

Á entrada, medio centenar de traballadores de Ence protestaron portando distintas pancartas e coreando consignas contra Pedro Sánchez e Pedro Duque. 'Sánchez escoita ou monte esta en loita' --'Sánchez, escoita, o monte está en loita'-- corearon, ata que axentes da policía nacional fixéronlles saír da contorna do instituto para continuar as súas protestas enfronte do Lucus Augusti.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS