Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 26.06.2019 Actualizado 21:09
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

EN CROACIA

A película galega Dhogs gaña o premio á mellor longametraxe no Festival de Cinema de Split

SANTIAGO. EP  | 18.09.2017 
A- A+

A película galega Dhogs gañou o premio na categoría de Mellor Longametraxe na vixésimo segunda edición do Festival de Cinema de Split (Croacia), celebrado este fin de semana.

O filme, rodado en galego, é a ópera prima de Andrés Goteira --Meira (Lugo)--, que corre a cargo tanto da súa dirección como do seu guión e conta na súa repartición cun gran elenco de figuras do audiovisual de Galicia como Antonio Durán 'Morris', Melania Cruz, Iván Marcos, Carlos Blanco e Miguel de Lira, entre outros.

Dhogs é unha coprodución de Gaitafilms e PixelFilms e foi filmada en varias localidades de Galicia como A Coruña, Viveiro (Lugo) e As Pontes (A Coruña), así como no deserto de Tabernas (Almería).

A longametraxe conta a historia de varios personaxes peculiares (un taxista, unha bela muller ou un exmilitar) que ven entrecruzadas as súas vidas.

Dhogs, estreada a finais de abril no Festival Internacional de Cinema Independente de Buenos Aires, converteuse este verán na primeira película en lingua galega en participar na sección oficial do Festival de Cinema de Sitges.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS