Hemeroteca web
|
RSS
Sábado 18.05.2013
| Actualizado 11.27
Porta de palla
Pena de políticos
XOSÉ M. RIVAS TROITIÑO | 16.03.2012
Non sei se o fan a concencia, pero é ben penoso escoitar aos nosos políticos, sobre todo cando interveñen nos parlamentos. Entendo que saíron da nosa sociedade e, xa que logo, os nosos defeutos tamén os comparten.
Sen embargo, dende que asumen a nosa representación, deberían tentar dar exemplo e comportarse con dignidade e a xeito. Lonxe de actuar así, acúsanse de todo, sen decatarse de que como xente de partido todos están cheos de lixo.
É imposible sentir un mínimo respecto e decoro polos nosos representantes, ainda que un quixera agradecerlles que se adicaran a buscar o ben común. Inxenuidade total. É una descarnada loita polo poder en si mesmo, amosano cada dia e cada minuto, por moito que queiran disfrazalo.
O malo é que non se outea unha xeración ou formación distinta. E o descrédito da política e dos políticos leva a solucións malísimas, moito piores que os lamentables espectáculos que hai anos que veñen dando os nosos elexidos.
Os sociólogos de cabeceira non se decatan deste malestar? Dan todo por bo con tal de chegar ou manterse no poder? Non hai quen mire un pouco en perspectiva e interprete a mala educación que prolifera nas rúas, na mocidade e nos adultos, en parte miméticos do que ollan en cada telexornal cando informan do que chaman debates? Non poden pedir perdón polo despilfarro e o mal exemplo que levan nas costas, sen excepcións, facer propósito de enmenda e tentar facer algo útil?
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.