Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 01.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Piden prisión para cinco independentistas por agredir axentes nun xulgado de Santiago

22.02.2012  A defensa solicita a libre absolución porque considera que os delitos imputados "non teñen entidade abonda"

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

A Fiscalía solicita ano e medio de prisión para cinco mozos independentistas xulgados este martes en Santiago de Compostela por atentado contra axentes, acusados de insultalos e agredilos, así como por supostamente intentar liberar a un arrestado de Resistencia Galega en 2010, mentres que a defensa pide a libre absolución ao considerar que os delitos imputados "non teñen entidade abonda".

O xuízo celebrado este martes no Xulgado do Penal Número 2 de Santiago quedou visto para sentenza tras unhas dúas horas de vista celebrada a porta pechada tras ser desaloxada a sala a causa das consignas de apoio aos xulgados proferidas por un grupo de persoas.

Pasadas as 10.10 horas permitiuse ao público acceder á sala, pero cando os asistentes, na súa maioría novos amigos e familiares dos acusados, ían tomar asento, algúns dos presentes comezaron a berrar "imos gañar" e "ánimo Edu", polo que se ordenou o desaloxo da sala e declarouse "reservada" a celebración da vista.

Durante o desaloxo, sobre as 10.15 horas axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a un novo por supostamente agredir un funcionario policial ao ser desaloxada a sala onde se celebraba o xuízo, segundo comentaron a Europa Press fontes policiais. O arrestado permaneceu en dependencias xudiciais á espera de que a xuíza decidise sobre a súa situación.

No Xulgado do Penal número 2 de Santiago foron xulgados Raúl A., Jorge L., Iria C., Adrián P. e Eduardo V. --o único que permanece en prisión por orde da Audiencia Nacional tras ser detido en novembro de 2011 por integración en organización terrorista e tenza de explosivos--. Na vista declararon como testemuñas varios policías nacionais e Santiago Vigo, irmán dun dos procesados e quen estaba citado a declarar por videoconferencia dende a prisión de La Moraleja, onde cumpre condena tras ser detido en 2007, cando tiña 18 anos, en Portosín (Porto do Son) cunha bomba no maleteiro do coche.

O xuízo concluíu sobre as 12.30 horas e quedou visto para sentenza. Tras a vista, un dos avogados da defensa, Borxa Colmenero, explicou a Europa Press que Eduardo V., Raúl A. e Adrián P. están imputados por un delito en grao de tentativa de quebrantamiento de condena por supostamente intentar liberar o irmán do primeiro, Santiago Vigo, en outubro de 2010.

O 10 de outubro de 2010 tivo lugar o traslado aos xulgados compostelanos do independentista vinculado a Resistencia Galega Santiago Vigo para dar cumprimento a senllos mandamentos de detención e ingreso en prisión da Audiencia Nacional co fin de facer efectivo o cumprimento da pena privativa de liberdade de catro ano imposta polo Tribunal Supremo por un delito de tenza de explosivos.

"IRREAL"

Ademais, a estes tres individuos, así como aos outros dous acusados, Jorge L. e Iria C., impútanselles dúas faltas de lesións e un delito de atentado aos axentes da autoridade. Ao respecto, o avogado da defensa subliñou que "non ten entidade abonda" porque os policías que estaban no xulgado aquel día non presentaban feridas de consideración.

Tamén Borxa Colmenero Ferreiro resaltou que "é completamente irreal" que os acusados intentasen liberar a Santiago Vigo e sostivo que "a Policía se puxo nerviosa" no marco da súa actuación nos xulgados.

FORTE PRESENZA POLICIAL

A celebración do xuízo estivo rodeada dun amplo despregamento policial nos xulgados compostelanos. Así, sobre media ducia de axentes do Corpo Nacional de Policía custodiaron a porta da sala na que se celebrou a vista, fóra da cal permaneceron os desaloxados, entre outras persoas que se achegaron a expresar o seu apoio a Eduardo V. e ao resto de acusados.

Unha vez concluído o xuízo, sobre unha vintena de persoas concentráronse na saída do edificio xudicial para despedir a Eduardo V., que foi trasladado nun furgón da Garda Civil, de novo a prisión. Xunto aos concentrados, que berraron consignas como "ánimo Edu", "liberdade e "Galiza ceibe, poder popular", había despregada máis dunha ducia de policías nacionais.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS