Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

A planta de residuos de O Irixo podería recibir ata 35 millóns en axudas

22.02.2012  O director do Igape di que non hai "unha proposta formal" e que unha "hipotética" subvención deste tipo esixiría luz verde do consello de la Xunta

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Javier Aguilera, recoñeceu que o proxecto da planta de xestión de residuos de O Irixo (Ourense) podería recibir axudas por parte do organismo económico de ata 35 millóns de euros. Afirmouno entre duras críticas do voceiro do BNG no debate, Fernando Branco, quen acusou á Xunta de "lexislar á medida" de Estela Eólico.

Na Comisión Institucional da Cámara, Aguilera admitiu que o proxecto de O Irixo axústase ás características das axudas convocadas polo Igape para proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Feder Galicia 2007-2013, para a aprobación de apoios específicos ás provincias de Lugo e Ourense.

Así, aínda que destacou que polo momento a Xunta non ten "ningunha proposta formal" da empresa, defendeu que a obriga do Igape é apoiar iniciativas "viables, solventes e que creen emprego". Neste sentido, resaltou que o proxecto de O Irixo é "ambicioso", cunha inversión que supera os 200 millóns de euros e unha previsión de máis de 500 postos de traballo, polo que terán dereito ás axudas vixentes.

Axudar a un proxecto da "envergadura" do de Estela Eólico estará sometido, en calquera caso, a unha serie de condicionantes para a súa aprobación. De feito, Aguilera sinalou que naqueles proxectos que superen os 50 millóns de euros é "preceptiva" a comunicación ás autoridades europeas da concesión da subvención e, se esta fose superior aos 16,87 millóns, sería necesaria a "notificación previa" da CE para autorizar a operación.

Dito isto, fixou o límite de subvención para unha inversión como a da planta de O Irixo nun 15,55 por cento, é dicir, "dun máximo" de 35 millóns de euros. No "hipotético" caso de que a empresa presentase a súa proposta e se lle concedese a axuda, debería ser autorizada polo consello da Xunta e habilitaríanse recursos "especiais", posto que o Igape "non dispón deses fondos".

"TRAXE Á MEDIDA"

Tras a explicación de Aguilera, o nacionalista Fernando Branco acusou á Xunta de "facer un traxe á medida" de Estela Eólico en vez de lexislar "con carácter xenérico" para o conxunto dos galegos e dos proxectos empresariais. Argumentou que tanto esta subvención, como o concurso eólico e a nova lei de industria "favorecen" o proxecto "concreto" de O Irixo.

"Estanlle a achandar o camiño a unha determinada empresa", reprobou Branco, para engadir que "o lóxico" cando un promotor condiciona o seu acceso ao eólico a un plan industrial é que o financie porque se vai beneficiar dos megavatios, e non que se recorra "aos presupostos da Xunta". "Están a lexislar para proxectos concretos", insistiu.
Pola súa banda, Javier Aguilera negou estas acusacións e replicou que o organismo que dirixe ten as "súas portas abertas" a todos os proxectos "viables" que se impulsen na comunidade, con especial interese se se fai nas provincias de Lugo e Ourense. Por último, subliñou que "lle gustaría" que o Igape "non fose criticado" por "apoiar" propostas empresariais "solventes".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS