Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

administración

A plataforma en defensa dos servizos sociais pide ver a Mato

12.05.2010  O colectivo denuncia o "elevadísimo grao de incumprimento" nos prazos que establece a lei que entrou en vigor en marzo

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

Membros da plataforma, entregando o escrito no Rexistro da Xunta FOTO: Fernando Blanco
Membros da plataforma, entregando o escrito no Rexistro da Xunta
FOTO: Fernando Blanco

A Plataforma en defensa do sistema público galego de servizos sociais rexistrou onte unha nova solicitude de entrevista coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, para abordar o desenvolvemento normativo da Lei de servizos sociais de Galicia que está en vigor dende marzo de 2009.

En rolda de prensa, a plataforma, integrada por 94 entidades de diversa índole -concellos, colectivos sociais, asociacións e federacións veciñais, entre outras-, explicou que onte acudiron ao Rexistro Xeral da Xunta a presentar publicamente unha nova petición de reunión tras a realizada o 3 de marzo.

"Despois de moito tempo de espera, a resposta foi unha esixencia inquisitorial de indicar o nome de todos os compoñentes da plataforma para valorar a posibilidade de recibirnos", sinalaron.

Por iso, onte presentaron a documentación-base da plataforma que reivindica o desenvolvemento normativo da lei de servizos sociais de Galicia, en vigor dende marzo de 2009, e que, indicaron, "presenta neste momento un elevadísimo grao de incumprimento respecto dos prazos que establece a propia norma".

"Con este acto quixemos denunciar a intolerable actitude dunha representante da Administración galega do máximo nivel para coas demandas e iniciativas dun grupo importante de entidades de cidadáns de Galicia", comentaron os representantes da plataforma.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS