Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Domingo 19.05.2013  | Actualizado 17.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto organiza un recital de poesía contra a mina de ouro nesa comarca

O acto celebrarase ás 8 da tarde na Casa dos Veciños do Couto

SANTIAGO  | 03.08.2012 
A- A+

A A Plataforma pola Defensa de Corcoesto envía o seguinte comunicado de convocatoria do recital contra a mina de ouro:

"Contra o veleno do cianuro, a enerxía dos versos; contra a desfeita das agresións ao medio, a inmensa forza da poesía que constrúe espazos novos.

Con esta idea, a Plataforma pola defensa de Corcoesto organiza para o vindeiro día 11 de agosto ás 20:00h un recital de poesía no Couto (Ponteceso).

Por medio deste acto queremos facer visible, na voz dun fato de poetas da nosa terra, a nosa oposición ao proxecto mineiro que Edgewater, empresa canadense, ten pensado levar a cabo en

Corcoesto (Cabana de Bergantiños). A tecnoloxía que se pretende empregar para esa explotación é a lixiviación con cianuro, unha tecnoloxía altamente tóxica que ten graves repercusións sobre o medio, e que leva causados numerosos accidentes ao longo do planeta desde que empezou a utilizarse.

A poesía, esa arma cargada de futuro, servirá nesta ocasión como elemento reivindicativo, como revulsivo, como espertador de conciencias adormecidas.

No acto, que se celebrará ás 8 da tarde na Casa dos Veciños do Couto, participan lendo os seus poemas Lucía Aldao, Diego Cousillas, Óscar de Souto, Chisco Fernández Naval, María Lado, Xosé Antón Laxe Martiñán, Lucía Novas, Xosé Luis Santos Cabanas e Paco Souto.

O pianista Serxio Moreira encargarase de poñer fondo musical aos poemas. A parte plástica correrá a cargo de Nolo Suárez, cuxo mural servirá de telón de fondo ao espectáculo."

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS