Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Podemos Galicia convoca primarias en once cidades e vilas

Trata de "reactivar o partido a nivel local"

SANTIAGO. EP  | 07.11.2018 
A- A+

Podemos Galicia anunciou a convocatoria de primarias en once lugares da Comunidade galega para "reactivar o partido a nivel local", un dos obxectivos fixados pola nova dirección encabezada polo recentemente elixido secretario xeral, Antón Gómez-Reino.

Así o recolle un comunicado emitido na mañá deste mércores polo partido morado na Comunidade galega, que sinala que as primarias terán lugar nas sete principais cidades de Galicia --Santiago, Vigo, Lugo, Ourense, A Coruña, Pontevedra e Ferrol-- e nas localidades de Ames (A Coruña), Sarria (Lugo) e os municipios pontevedreses de Gondomar e Sanxenxo.

Após o xurdimento de Podemos no ano 2014, inscritos do partido morado constituíron 'círculos' en numerosas localidades galegas que, con todo, foron desactivándose desde comezos de 2016. A maioría destas agrupacións locais carecen desde entón de dirección e de actividade.

Agora, un dos obxectivos fixados polo recentemente elixido líder da formación, o deputado Antón Gómez-Reino, é "reactivar" as bases de Podemos Galicia. Para iso, o novo Consello Cidadán Autonómico (máximo órgano de dirección entre asembleas) acordou na súa primeira reunión convocar primarias para elixir dirixentes nas localidades.

CALENDARIO
Así as cousas, desde este mércores e até o vindeiro luns 12 de novembro, queda aberto o período de rexistro de candidaturas, que deberán ir acompañadas dos seus respectivos documentos políticos e organizativos.

As votacións --que se desenrolarán, do mesmo xeito que as primarias galegas, por vía telemática-- terán lugar do 20 ao 25 de novembro. Dous días máis tarde e unha vez aplicado o procedemento antifraude, os resultados serán proclamados o 27 de novembro.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS