Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 19.08.2017 Actualizado 16:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Policía Autonómica presta protección a 215 galegas vítimas de violencia de xénero

Desde setembro de 2016, o traballo da Unidade Adscrita permitiu a detención dun total de 30 persoas

SANTIAGO. EP  | 10.08.2017 
A- A+

A Policía Autonómica presta vixilancia e protección a 215 mulleres galegas vítimas de violencia de xénero, das que, por xefaturas, 57 están na Coruña, 55 en Vigo, 31 en Ourense, 31 en Santiago, 26 en Lugo e 15 en Pontevedra.

O director xeral de Emerxencias, Luís Menor, e o comisario xefe da Policía Autonómica, Silverio Blanco, participaron este xoves nunha reunión para facer balance da actuación da Unidade da Policía Adscrita (UPA) en materia de loita contra a violencia de xénero.

A Policía Autonómica, lembrou a Xunta, asumiu competencias na materia en setembro do ano pasado, tras asinar un protocolo de coordinación coa Xefatura Superior de Policía de Galicia que supuxo, entre outros aspectos, integrar o punto de coordinación das ordes de protección de Galicia co sistema de seguimento integral nos casos de violencia de xénero (Sistema Vioxen).

As funcións que desenvolven os axentes pasan, fundamentalmente, por desprazar medios ante avisos de episodios de violencia, en colaboración coa Policía Nacional; prestar atención singularizada á vítima, traslado das vítimas ao centro asistencial cando fosen agredidas, acompañamento en comisaría, recollida de datos sobre o agresor e posta en marcha de medidas de seguridade oportunas, entre outras cuestións.

Desde setembro de 2016, o traballo desta unidade permitiu a detención dun total de 30 persoas. Neste período, tamén realizaron outras actuacións destacables como 1.176 identificacións e máis de 20.700 accións de contravixilancia na contorna da vítima ou do agresor. Ademais, recibiron máis de 2.400 chamadas en materia de violencia de xénero, e mantiveron case 3.400 contactos coas vítimas.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS