Hemeroteca web
|
RSS
Martes 22.05.2012
| Actualizado 12.06
A política lingúística é un compromiso colectivo, non só do Goberno que teña a responsabilidade de gobernar. Éo de toda a sociedade. O goberno debe cumplir e aplicar a Lei de ormalización lingüística e o Plan de normalización lingüística, avaliar as estratexias, velar para que se cumpran os seus obxectivos e aplicar as medidas concretas necesarias para acadar eses obxectivos. Estas son as claves para desenvolver unha boa, eficaz e eficiente política lingüística.
A administración autonómica é un dos sectores que máis ten que facer, por non dicir o que máis, a partir do que xa fixo e se consensuou por unanimidade política e social, a prol da normalización da lingua galega.
Esta é a súa responsabilidade e debe responder a esta atribución asumindo a responsabilidade e o compromiso de liderar e de ser a vangarda no proceso de promoción do idioma galego tanto interna como externamente, elaborando e desenvolvendo unha lexislación acorde con esta responsabilidade, compromiso e obxectivos, sendo coherente coa realidade sociolingüística; polo que, neste sentido, as súas decisións teñen moito peso e gran trascendencia.
Ten que lle prestar moita atención e recoñecer os defectos, os erros e os puntos febles para reconducir a súa política e optimizar os recursos e, ao mesmo tempo darlle maior credibilidade e coordinación ao proceso de normalización.
O Plan de normalización recolle os puntos febles na sociedade e na Administración.
A propia Administración debe avaliar o proceso de normalización e a partir da avaliación mellorar o uso institucional do galego como exemplo e modelo de uso na sociedade. Debe procurar a coordinación e a colaboración na actividade normalizadora entre institucións e organismos. Vertebrar unha rede de servizos de dinamización, potenciación e uso da Lingua Galega que garanta o cumprimento da Lei e do Plan de normalización.
Unha rede coordinada que solvente as dificultades técnicas no uso do galego na administración, o insuficiente desenvolvemento da linguaxe administrativa e práctica inexistencia do idioma galego nos córpora lexislativos e xurispriudencias básicos. Que insista na actualización da formación e, polo tanto, manter unha formación continua axeitada ao persoal de todas as áreas e ámbitos da Administración.
Traballar decididamente naqueles ámbitos que máis carencias e menos presenza ten o uso do galego.
En definitiva, asegurar que o galego sexa a lingua habitual nas relacións internas e na relación coa cidadanía.
Á par, ha procurar conseguir unha mellora nas actitudes do funcionarado e da cidadanía en xeral cara á lingua galega e a súa capacitación, non o contrario.
Especificamente debe fortalecer e consolidar o galego como lingua de referencia colectiva de Galicia e da Administración. Establecer un mecanismo de coñecemento e control sobre ese cumplimento e lograr a coordinación da actuación das distintas administracións,etc.
O Plan de normalización é a folla de ruta con medidas concretas para cada obxectivo específico. Todos os esforzos e accións que se fagan a prol da lingua reverterán na nosa dignidade.

Adeus, Festa do Gaiteiro. Por Xosé M. Rivas Troitiño
Logo do Día ( e para o que nos veña…). Por David Otero
Tregua na ofensiva central contra as autonomías. Por Xosé A. Gaciño
Unha de xigantes, pinochos e safaris. Por Alba López Sánchez
Letras Galegas: Valentín Paz Andrade. Por Manuel Dourado Deira
Réquiem polo xornal de Galicia (E EPÍLOGO ESPERANZADO) Por Jorge M. de la Calle
TERRA... Por Xosé M. Lobato Martínez
A maldición da eternidade. Por Antonio Gutiérrez
Fiz Vergara Vilariño merece o Día das Letras Galegas. Por Xosé Lois García
Clamor estudantil contra os recortes. Por Xabier Pérez Igrexas
Fala alén do verbal. Por Isidro Novo
As memorias dun neno da aldea. Por Pablo Vaamonde
As xeografías do mar e dos seus fillos. Por Xavier Castro Rodríguez
Non hai volta ao pasado. Por Manuel Mera
Haberá un boom enolóxico? Por Joaquim Ventura
A viaxe do elefante. Por Diana Varela Puñal
Novo Terras de Santiago, ¿e nova política lingüística? Por M. de Bran
Natura e realeza. Por Francisco B. González Tenreiro
Conde Roa e Núñez Feijoo. Por Elías Pérez Sánchez
Querida primavera… Por Ruth Fernández
Metáfora e praxe (I). Por Manuel Vidal Villaverde
Bicentenario da Constitución de Cádiz: actitudes opostas de dous cregos da Costa da Morte en 1812. Por Xosé María Lema Suárez
Política lingüística (2). Por Xosé Ramón López Boullón
Órdago nacionalista. Por Abel Veiga Copo
Apostatar, ¿dereito ou penitencia? Por Ángel Amaro Quintas
Outra crise no BNG. Por Manuel Miragaia Doldán