Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 19.07.2019 Actualizado 12:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Pontón ve "decepcionante" o debate e critica que Galicia non estivese "presente"

Lamenta a ausencia de presenza feminina fronte a "catro machos alfa"

A CORUÑA. EP  | 23.04.2019 
A- A+

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "decepcionante" o debate celebrado este luns en RTVE entre os candidatos á Presidencia do Goberno do PSOE, PP, Ciudadanos e Unidas Podemos.

A preguntas dos xornalistas, coincidindo coa súa participación nun encontro con delegados e delegadas da CIG da comarca coruñesa, xunto á cabeza de lista ao Congreso pola Coruña, Néstor Rego, Pontón lamentou que Galicia non estivese "presente" no citado debate.

"Nin no bloque de modelo territorial", indicou remarcando que si o estiveron o País Vasco ou Cataluña. Por iso, reprochou ás "forzas estatais" estar presentes só na comunidade autónoma galega "en campaña para pedir o voto".

"Pero nin unha proposta para solucionar os problemas tan graves que temos", entre os que expuxo a situación de empresas da comarca coruñesa como Alcoa.

Por outra banda, fixo unha reflexión como muller, incidindo en que "hai imaxes que valen máis que mil palabras". "As únicas mulleres protagonistas dese debate foron as maquilladoras e limpadoras, mentres o catro machos alfa da política esperaban os seus minutos de gloria para poder tirarse os trastes á cabeza".

O BNG, "CLAVE"
"Sen solucións após un 8-M masivo", expuxo sobre as mobilizacións feminnistas. Fronte a iso, reivindicou ao BNG como unha formación "decisiva" nestas eleccións xerais.

Así, coincidindo co encontro con representantes sindicais, dixo que o 28 de abril vanse a tomar "decisións que van marcar o futuro industrial deste país. E o BNG, argumentou, "é clave para que a partir do 28 haxa solucións".

Entre elas, e ante a situación en particular de empresas electrointensivas como Alcoa, avogou por unha tarifa "estable" para estas industrias. "E que os galegos e galegas beneficiémonos da produción de enerxía eléctrica", apostilou.

Na mesma liña, reivindicou a un BNG que pode pór "pór freo" ao "roubo de dereitos". Neste contexto, lamentou que se acabou unha lexislatura sen maioría absoluta do PP e queden "intactas tanto a Lei Mordaza como a contrareforma laboral", engadiu. Tamén instou a pór fin á concepción "low-cost" de Galicia.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS