Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dá a luz a Icía, a súa primeira filla

SANTIAGO. EP  | 21.01.2020 
A- A+

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, deu a luz este martes 21 de xaneiro á súa primeira filla, que leva por nome Icía. "Sinto que hai unha razón máis para soñar un futuro mellor", expresou a través da súa conta de Twitter.

A líder frontista ingresara nas primeiras horas deste martes no Hospital Clínico de Santiago de Compostela para traer ao mundo a unha nena. Horas máis tarde, Pontón anunciou o nacemento a través dunha mensaxe na rede social no que achegou unha foto da man da pequena.

"Naceu Icía e sinto que hai unha razón máis para soñar un futuro mellor. Tela á miña beira, tan pequena e con toda a vida por diante, dáme máis forza para converter en realidade os nosos desexos", manifesta a portavoz nacional do BNG nunha emotiva mensaxe en Twitter na que tamén pide "un mundo máis xusto" para os nenos.

Seguidamente, a través doutro tuit, agradeceu "o bo saber, facer e a profesionalidade" da sanidade pública galega e de "todas e cada unha das persoas" que a atenderon a ela e a Icía durante o parto. "Grazas por facer deste un momento tan inesquecíbel #InmensamenteFeliz", conclúe.

Precisamente, o nacemento da súa primeira filla se produciu tan só dous días despois do multitudinario acto da súa presentación oficial como candidata á Xunta polo BNG para as eleccións, previstas salvo adianto para o próximo outono.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS