Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Os positivos en residencias de maiores galegas crecen un 11,4%, até os 657 usuarios e 232 traballadores

Os centros A nosa Señora da Esperanza de Ourense (106) e a DomusVi Aldán (102) continúan como principais focos

SANTIAGO. EP  | 06.04.2020 
A- A+

A cifra de casos positivos de coronavirus en residencias de maiores volveu a crecer ao longo do domingo, un 11,4%, o que significa un aumento de 68 contagios entre os usuarios, que suman 657; e de 23 entre os traballadores, até os 232 en total.

Segundo o balance ofrecido este luns pola Consellería de Política Social, con datos actualizados a última hora do domingo, os casos confirmados de COVID-19 repuntan ao crecer un 11,4%, uns cinco puntos máis que o crecemento do sábado (+6,7%).

Así, dos 68 novos contagios entre os anciáns, a gran maioría (42) detectáronse na DomusVi de San Lázaro, en Santiago de Compostela, que conta agora cun total de 85 infectados.

Ademais, ao longo do domingo confirmáronse 17 novos casos de COVID-19 na residencia Francisco José Otero, que suma un total de 22.

A maiores, aumentaron até 8 (+5) os maiores infectados na residencia Fogar Bellolar da Coruña; até 14 (+7) os da residencia de Castro Caldelas; e até 3 (+2) os do Fogar Nosa Señora do Carme de Fisterra (A Coruña).

Os principais focos de contagios en residencias da terceira idade continúan sendo os centros da nosa Señora da Esperanza en San Rosendo (Ourense), cun total de 106 casos e oito falecidos no propio edificio e no ámbito sanitario; e a DomusVi de Aldán, en Cangas (Pontevedra), que a última hora do domingo contaba 102 positivos en COVID-19 e 11 usuarios falecidos.

O resto de centros manteñen os infectados rexistrados até agora --tras restar os falecidos--: 64 na DomusVi Barreiro de Vigo; 41 en San Carlos de Celanova; 37 no Portazgo da Coruña; 22 na da nosa Señora de Fátima do Barco de Valdeorras; 17 na Concepción Arenal da mesma cidade; 17 na San Pedro de Crecente; 15 na Moledo de Vigo; outras 15 no CRAPD da cidade olívica; 14 na DomusVi Matogrande da Coruña; e 10 na Claudina-Somoza.

Tamén contan con positivos as residencias de Arteixo (1), a de Narón (1), a das Fragas de Pontedeume (4), Súa Casa de San Sadurniño (1), Castro de Rei (2), a DomusVi de Chantada (1), a de Foz (5), a Virxe da Luz de Monforte (1), a DomusVi Monforte (2), a residencia Betania de Viveiro (2), a de Lecer Avoíños de Coles (1), Galisenior de Ourense (3), DomusVi Pereiro de Aguiar (1), Ramirás (1), Vilaboa (3) e Bela Vista Care de Nigrán (1).

AUMENTO EN TRABALLADORES
Por outra banda, á vez que aumenta a cifra de maiores afectados tamén crece a de traballadores dos propios centros. Desde o domingo contabilizáronse 23 casos novos nos cadros, até os 232 en total.

Os principais focos entre os empregados están na residencia A Nosa Señora da Esperanza de Ourense (34), a DomusVi San Lázaro (30), Divino Maestro de Ourense (19), El Portazgo (18), San Carlos de Celanova (18) e DomusVi Cangas (17).

A estes súmanse casos en San Pedro de Crecente (13), na Moledo de Vigo (12), na Claudina-Somoza (7), a de Foz (7), DomusVi Monforte (5), Concepción Arenal da Coruña (4), Nosa Señora de Fátima do Barco (4), a de Castro Caldelas (5), a San José Hermanitas de Ourense (3), a de Burela (2), a Avime de Cospeito (2), Os Gozos de Pereiro de Aguiar (2), e no CRAPD de Vigo (2).

Así mesmo, contan con casos individuais Fogar Bellolar, a residencia de Melide, a San Simón de Teo, a San José Otero de Santiago, a de Silleda, Castro de Rei, DomusVi Chantada, nas Gándaras de Lugo, na Milagrosa de Lugo, en Betania Viveiro, en San Rafael de Mondoñedo, na Alvetus de Avión, na de San Rosendo de Vigo e na de Beade, tamén en Vigo.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS