Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 19.08.2014  | Actualizado 21.15

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

ARDENTÍA

Potencialidades dunha boa Educación para a vida

MANUEL DOURADO DEIRA  | 12.08.2011 
A- A+

Falo de Educación no senso técnico-pedagóxico como un ensino que desenvolva as capacidades do alumno e, por conseguinte, o prepare para pensar por si mesmo. Só así pode andar polas encrucilladas da Vida e escoller o camiño idóneo para ser un cidadán consciente, non un súbdito, e crítico, que se integra na colectividade na que lle tocou vivir e aporta o mellor de si ao progreso da sociedade.

Aquí, hai preocupación polo ensino sobre o cal pesa a ameaza dos “Señores dos Recortes”. Unha ensinanza de calidade, implica un lugar de primacía nos investimentos públicos. Se estes son recortados, o ensino pagará as consecuencias. 40 anos de experiencias me autorizan a dicir que un bo ensino, estimulado desde o posto de mando da política educativa dun país, leva ao progreso e a calidade de vida dunha sociedade. Pola contra, un ensino mediocre por falta de medios públicos leva á colectividade que o padece a un ensino desanimado, sen impulso, que sempre é caldo de cultivo das autocracias políticas cuxa ambición é permanecer no poder sen molestias críticas que lle perturben unha boa dixestión do seu goce. Isto implica regresión cultural, retroceso económico, e, en definitiva, a depreciación da calidade de vida da sociedade que a padece. En suma, transforma o “cidadán” en súbdito, coa correlativa decapitación da crítica social correspondente e perda dos dereitos da cidadanía. De forma que, unha sociedade sen crítica é unha sociedade decapitada que nos leva a depresións, persoal, social e económica. Que o pensen os señores gobernantes de quenda. A non ser que queiran desembarazarse do ensino público para o converter en privado concertado, posible vía da súa privatización cun “ensino para señoritos ricos”, como xa sucedeu durante o franquismo e, agora, parece que está nas malas intencións dos políticos da de nosa Dereita, concretado na ambigüidade a tal respecto, do Goberno do Sr. Feijóo.

Un exemplo: O franquismo, a cuxo sistema político non interesaba un pobo culto e, en consecuencia, crítico. Unha experiencia significativa: Vilmeán de Tomiño do que tratei o pasado sábado é expresiva. Na práctica: O meu compañeiro predecesor non se molestaba en traballar dignamente. Entretiña aos alumnos cunha conta de dividir por 6 ou 8 cifras, que non resolvían nunca, mentres el lía o periódico. Reprocheille esa conducta. Replicoume: “para o que pagan, fago bastante”. Contrarrepliquei: Temos nas nosas mans o futuro do país. ¿Non crees que debemos preparar xeracións que algún día aprecien ao Maxisterio e lle paguen dignamente?

Fun rixidamente fiel a este principio. Pero tiven a enorme sorte de ter unha mestra compañeira, Mari-carmen R. Mouriño, da que aprendín que, á ríxida esixencia, había que engadir o amor, a estimulación amorosa do alumno. Fixemos un labor soberbio. Vilameán despexou e emprendeu os camiños do progreso. As xentes novas empregáronse en Citroën de Vigo e outras empresas de Vigo, O Porriño etc. 50 anos despois, aínda nos recordan.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS