Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 19.08.2017 Actualizado 16:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O PP de Coristanco expón á dirección provincial "motivos excepcionais" para apoiar a moción

Os populares analizarán os seus argumentos para tomar unha decisión "nos próximos días"

A CORUÑA. EP  | 10.08.2017 
A- A+

Representantes do grupo municipal do PP de Coristanco (A Coruña) expuxeron, ante a dirección provincia do partido, os motivos "excepcionais" polos que decidiron apoiar a moción de censura presentada polo único concelleiro socialista para desbancar ao actual alcalde, Amancio Lavandeira, de Terra Galega (TeGA).

Tras a reunión, que se celebrou esta tarde coa presenza do portavoz local do PP e exalcalde de Coristanco, Antonio Pensado, e o presidente provincial do PP coruñés, Diego Calvo, fontes do PP consultadas por Europa ress precisaron que agora analizarán os argumentos expostos para "nos próximos días" tomar unha decisión.

Sobre as explicacións dadas polos populares de Coristanco, sinalaron que se lles trasladou que o seu posicionamento de apoiar a moción, --para o que deberá convocarse un pleno como moi tarde o 23 de agosto-- obedeceu a "motivos excepcionais".

SITUACIÓN DE "DESGOBERNO"

En concreto, estas fontes precisaron que se trasladou que, para tomar esta decisión, puxéronse "por diante das siglas --do partido-- os intereses e necesidades municipais".

Este é o discurso mantido polos edís do PP de Coristanco e o concelleiro do PSOE, ademais da Agrupación Provincial do PSOE, quen denuncian a xestión do alcalde e a perda de subvencións. Alegan tamén a existencia dunha situación de "parálise" e "desgoberno".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS