Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 23.04.2018 Actualizado 13:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O PPdeG acusa ao PSOE de "secuestrar" a Deputación de Lugo

Di que "gastan todos os seus recursos" en "conspirar uns contra outros"

SANTIAGO. EP  | 13.04.2018 
A- A+

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, acusou ao Partido Socialista de "secuestrar" a Deputación de Lugo para "facela vítima das súas loitas internas" e "gastar todos os seus recursos en conspirar uns contra outros".

Nunha rolda de prensa ofrecida este venres, o número dous dos populares galegos referiuse deste xeito á crise aberta na institución provincial após o inicio da expulsión do alcalde de Becerreá e xa expresidente da Diptuación, Manuel Martínez, o grupo socialista.

Tellado considerou que este "último acto" do esperpento vivido na institución provincial lucense debe facer reflexionar sobre o feito de que "debe gobernar quen gaña as eleccións". "É imprescindible que se deixe gobernar á lista máis votada e, se así se fixese, estas cousas non pasarían na Galicia actual", manifestou.

Así, pediu "respectar a vontade dos cidadáns" para "evitar a tiranía das minorías" e "garantir as estabilidades das institucións". E é que, na súa opinión, nos últimos anos, na Deputación de Lugo non houbo "nin respecto á vontade dos cidadáns, nin estabilidade".

"O que si houbo é moita tiranía dos socialistas", manifestou para estender esta falta de estabilidade tamén ao goberno municipal de Ferrol, outro "exemplo da zona cero da inestabilidade e de gobernos contra a vontade dos cidadáns".

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS