Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

PPdeG pide aos sindicatos "consciencia" da "dramática caída de ingresos" ante a ameaza de folga

07.02.2012  Pedro Puy incide en que se está a equiparar a normativa galega á estatal e que a Xunta segue dialogando

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

O voceiro do Grupo Parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, considerou que os sindicatos "deberían ser conscientes" da "difícil situación" económica actual e da "dramática caída de ingresos" da Comunidade autónoma, ao tempo que recordou que "non se tocan aspectos centrais do salario" dos funcionarios.

Díxoo nun escenario en que os sindicatos representantes dos traballadores da función pública ameazan cunha folga ante o decálogo de medidas proposto polo Goberno galego, como non aboar o complemento salarial aos traballadores de baixa os 21 primeiros días.

"Os sindicatos deberían ser conscientes da difícil situación na que estamos, nun proceso de depreciación dos activos monetarios patrimoniais como consecuencia da moeda única e a falta de competitividade da economía española no contexto da Unión Europea", manifestou Pedro Puy preguntado por esta situación na rolda de prensa posterior á Xunta de Portavoces.

O parlamentario do PPdeG subliñou que a tendencia de "contención salarial" que está a haber no ámbito privado e que se traslada á administración público, neste caso, "non está a significar tocar aspectos centrais dos salarios dos funcionarios en Galicia".

Ademais, argumentou que "se está a adaptar a normativa galega" á do conxunto do Estado e á que existe noutras comunidades autónomas.

"XUNTA ESTÁ A DIALOGAR"

Pedro Puy sinalou que o contexto é de "caída drástica dos ingresos", co que se están a xestionar recursos equivalentes ao 2005 ou 2004, con, ademais, entre 14.000 e 15.000 empregados públicos "adicionais".

Por outro lado, remarcou que a Xunta "está a dialogar" en relación ao contido desta normativa galega, pero insistiu en que "a necesidade de axustar o gasto público".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS