Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 09.12.2019 Actualizado 23:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Premian co Reimóndez Portela catro artigos que Juan Luís Blanco Valdés publicou no desaparecido 'Galicia Hoxe'

SANTIAGO. REDACCIÓN  | 30.08.2011 
A- A+

Unha serie de catro artigos publicados por Juan Luís Blanco Valdés no xornal 'Galicia Hoxe' recibiu o recoñecemento do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela na súa XVI edición.

Entre os aspectos valorados polo xurado destacan "a calidade literaria, o uso do léxico e o sentido do humor" de Blanco Valdés, así como a achega do escritor a "temas de actualidade dende un coñecemento profundo da cultura popular". Así o fixo constar na súa acta o tribunal presidido por Mercedes Cuiña Puente e reunido o pasado 29 de agosto na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada.

O acto de entrega do premio será o venres 16 de setembro ás sete da tarde, no marco da XXV Feira do Moble de Galicia. O galardón está dotado con 1.000 euros, talla conmemorativa e diploma acreditativo. Unha vez teña lugar este acto, quedará aberto o prazo de recepción de novos artigos para todos os interesados en participar na vindeira edición deste premio.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS