Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 17.09.2019 Actualizado 00:20
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

a prol do desenvolvemento cultural de Galicia

Os Premios da Cultura Galega 2013 entréganse este xoves no Gaiás

SANTIAGO. EP  | 12.12.2013 
A- A+

A Xunta entregará este xoves os Premios da Cultura Galega 2013, en recoñecemento a persoas e entidades en favor do desenvolvemento cultural da Comunidade, nun acto que se celebrará no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.

Así, o Premio da Cultura Galega das Letras entregarase á escritora Luz Pozo Garza; o de Artes Plásticas á Fundación Eugenio Granell e o de Artes Escénicas á Mostra de Teatro de Ribadavia.

Así mesmo, a modalidade de Patrimonio Cultural irá para o Museo do Castro de Viladonga; o premio á Promoción Exterior para o Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol; o de música para o compositor Juan Durán e na categoría Audiovisual recibirá o galardón Bambú Producións. A nova categoría, o Premio da Cultura Galega de Lingua será para a asociación PuntoGal.

A gala contará nesta ocasión con varias actuacións, como a da formación Talabarte, o grupo de teatro Lusco e Fusco, a artista galego-palestina Najla Shami ou os bailarins Miguel A. Ponte e Ana Serantes.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS