Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.01.2019 Actualizado 13:27
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Os Premios da Cultura Galega "tecen fíos entre persoas e pobos"

Recoñecemento a Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o Festival Internacional de Outono de Teatro-FIOT, o grupo A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, a Asociación O Sorriso de Daniel e Ramón Villares

Os galadoados cos Premios da Cultura Galega - FOTO: Efe
Os galadoados cos Premios da Cultura Galega - FOTO: Efe

SANTIAGO. EP  | 11.01.2019 
A- A+

Montederramo (Ourense).acolleu este venres a entrega dos Premios da Cultura Galega 2018 a Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o Festival Internacional de Outono de Teatro-FIOT, o grupo A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, a Asociación O Sorriso de Daniel e Ramón Villares.

No acto, no seu discurso, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, valorou o labor dos galardoados, "tejedora de fíos entre persoas e pobos".

Incidiu, neste sentido, en que "a democracia necesita a cultura porque creacións culturais" como as premiadas "son ese nexo que unifica ás xentes ao redor das experiencias asociadas".

Ademais, reivindicou "o gran milagre da creación cultural é transformar unha inspiración que moitas veces é individual e solitaria en algo que comparten innumerables lectores, espectadores ou oíntes".

Os GALARDOADOS

"Alguén falou dos pobos sen historia, pero grazas a historiadores e investigadores como el (dixo, sobre Ramón Villares) sabemos que Galicia ten historia e ten peso na historia", expuxo.

Sobre A Roda, destacou que a súa é "unha reivindicación da música natural". En canto a Antón Santamarina, erixiuno en "lingüista fundamental" e apuntou de Cans que "algún día Cannes tentará imitar a Cans".

Por outra banda, aplaudiu o labor de O Sorriso de Daniel pola Galicia románica, a de Luz Darriba a favor da muralla de Lugo, a de Xosé María Álvarez Cáccamo polos seus "moitos e valiosos libros" e a do FIOT polo teatro.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS