Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Presentan a guía para o fomento dun uso non sexista da linguaxe dentro da comunidade universitaria

22.02.2012 

2.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

LUGO. EP

A sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo acolleu o acto de presentación da guía 'Criterios de linguaxe non sexista', elaborada polo servizo de normalización lingüística e a oficina de igualdade de xénero da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A publicación achega unha serie de propostas e recomendacións para un emprego da lingua "respectuoso coa igualdade entre xénero", explica a USC nun comunicado de prensa.

Na comparecencia ante os medios de comunicación estiveron o vicerrector de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón; a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva Hermo e Manuel Bermúdez Blanco, técnico do servizo de normalización e un dos autores do documento.

A guía recolle casos habituais na comunicación interna e externa dunha institución como a USC, no seu plano formal pero tamén na súa vertente máis cotiá. Para cada situación, sinala as solucións máis respectuosas sen que o seu uso repercuta na claridade da mensaxe ou na súa eficacia comunicativa.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS