Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 23.04.2018 Actualizado 13:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O presidente da Cámara pide un informe xurídico e convoca a Mesa e portavoces após romper un deputado fotos do Rei

SANTIAGO. EP  | 12.04.2018 
A- A+

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, encargou un informe aos servizos xurídicos despois de que o deputado do BNG Luís Bará rompese este mércores, durante a sesión plenaria, varias fotos do Rei Felipe VI nun acto co que quixo reivindicar a liberdade de expresión.

Fontes parlamentarias confirmaron a Europa Press que, ademais, convocouse de urxencia á Mesa e á xunta de portavoces para analizar tanto o informe xurídico encargado como o ocorrido na sesión plenaria.

Estas mesmas fontes explicaron que a convocatoria se realizou nos prazos mínimos que permite o regulamento do Parlamento, polo que se celebrará na mañá deste venres.

Santalices, que no momento da rotura das fotos non estaba presente no hemiciclo, decidiu "efectuar unha convocatoria urxente no prazo menor posible contemplado" despois de encargar este mércores "un informe en relación aos feitos rexistrados". "E será a partir dese informe que os órganos da Cámara decidan as medidas a adoptar", indicaron as mesmas fontes.

A sesión da xunta de portavoces está prevista para as 13,00 horas deste venres, despois de que se reúna a Mesa do Parlamento, media hora antes.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS