Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 20.06.2013  | Actualizado 00.43

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O presuposto do concello de Santiago chega aos 94,3 millóns de euros

SANTIAGO. EP  | 22.06.2012 
A- A+

O Concello de Santiago aprobou este venres, co voto en contra dos grupos da oposición, os seus presupostos para este ano, que ascenden a 94,3 millóns de euros tendo en conta as contas do Auditorio e o resto de empresas municipais.

No tocante ao presuposto local, están previstos uns gastos por valor de 89.859.778 euros e uns ingresos que ascenden a 92.580.508 euros. En comparación co pasado exercicio, os gastos sofren un recorte do 5,3 por cento mentres que os ingresos caen un 2,7 por cento.

Ademais, estas contas establecen un superávit de máis de 2,7 millóns de euros, co fin de cumprir coa Lei de economía sostible e o déficit cero.

Ao fío diso, o alcalde, Ángel Currás, recriminou a socialistas e nacionalistas que non gobernaron tendo en conta "nin a estabilidade presupostaria nin, por suposto, o déficit cero".

"Por iso o país está na quebra absoluta económica e social, porque esa foi a súa política aquí, na Xunta e no Goberno central", sentenciou, segundo declaracións recollidas por Europa Press da Radio Galega.

DETALLE DAS CONTAS

En canto aos gastos, que caen globalmente un 5,6 por cento, e por capítulos, prodúcese unha caída do gasto corrente (-2,19%) para situarse en 74,8 millóns. Ten a súa orixe nunha diminución de gastos de persoal de 1,2 millóns (-3,98%), de modo que se sitúa en 29,4 millóns en 2012 fronte aos 30,7 millóns de 2011.

Redúcese un dous por cento o persoal funcionario e tamén o persoal laboral temporal (-3,6%). Ademais, recórtanse 140.000 euros nos órganos de goberno e haberá 277.000 euros menos para persoal eventual.

Hai un descenso do 12,17 por cento de gastos financeiros e de gastos correntes en bens e servizos (-1,23%), entre os que haberá unha partida de 155.000 para a gardaría de Salgueiriños e a ludoteca de Fontiñas, e outra de 150.000 euros para a limpeza de camiños no rural.

No referente aos gastos de capital, hai unha baixada do 23 por cento, dado que os investimentos reais, que eran en 2011 de 8,5 millóns, pasan a 3,7 millóns en 2012 (-55,9%); aínda que aumentan as transferencias de capital ata un 700 por cento.

As prioridades de investimentos reais serán a conservación, así como obras no Parque de Ramírez e a Praza de Abastos.

POR CONCELLARÍAS

Por concellarías, tan só aumenta o presuposto de comercio (+25%), medio rural (+12%), barrios, familia e seguridade cidadá, mentres que se recorta no resto coa maior caída porcentual, de máis dun 20 por cento, en relacións institucionais.

No outro extremo, educación e cultura terán menos presuposto ao "cambiar criterios de subvencións nominativas", polo descenso de actividades e o recorte do achegado ao Auditorio.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS