Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 25.09.2018 Actualizado 20:39
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O prezo do leite volve caer en Galicia no arranque de 2018 e as granxas xa son menos de 8.000

SANTIAGO. EP  | 05.03.2018 
A- A+

O prezo do leite volveu a caer en Galicia no mes de xaneiro respecto de decembro de 2017 logo de medio ano á alza, segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Agricultura.

Deste xeito, o prezo do litro de leite baixo en Galicia a 31,7 céntimos, o que supón medio céntimo menos que os 32,2 céntimos do mes anterior.

Este arranque do ano conta cunha baixada xeneralizada de medio céntimo de media en España (queda en 32,9 céntimos), pero Galicia segue á cola de prezo entre comunidades, con máis dun céntimo por baixo do resto.

Pola súa banda, as granxas lácteas con entregas caen por primeira vez das 8.000 en Galicia e quedan nun total de 7.916. Deste xeito, a Comunidade perdeu máis de medio milleiro de explotacións respecto de xaneiro de 2017.

En cambio, a produción de leite na Comunidade galega en xaneiro sobe un 3% até 231.331 toneladas en comparación co último mes de 2017.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS