Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 20.05.2013  | Actualizado 20.08

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Boletín de Mercado

O prezo medio da vivenda nova rexistra unha caída do 2,9% en Galicia no primeiro semestre

SANTIAGO. EP  | 03.07.2012 
A- A+

O prezo medio da vivenda nova en Galicia rexistrou unha caída do 2,9 por cento no primeiro semestre do ano, segundo o Boletín de Mercado de Vivenda Nova presentado este luns por ST-Sociedade de Taxación, que recolle os datos de vivenda libre en todas as capitais de provincia e poboacións maiores de 25.000 habitantes.

A compañía, que elabora este estudio dende 1985, realizou unha sondaxe directa en máis de 69.000 vivendas de distintos tipos correspondentes a 4.800 promocións inmobiliarias diferentes.

Así, segundo recolle o estudio, o prezo da vivenda nova nas capitais de provincia galegas diminuíu un 3,1 por cento con respecto a xuño de 2011 e un 2,9% nos primeiros seis meses de 2012, o que supón, dende máximos, unha caída do 19,1% en termos reais.

Lugo (-4,3%) e A Coruña (-3,3%) son as provincias que rexistran unha maior caída no prezo medio durante o primeiro semestre de 2012, mentres que en Pontevedra (-0,5%) e Ourense (-2,4%) é onde menos descende.

Por outro lado, A Coruña e Ourense son as cidades máis caras da comunidade á hora de comprar unha vivenda, xa que o metro cadrado construído costa 1.736 e 1.595 euros, respectivamente. No lado oposto atópanse Pontevedra e Lugo, con 1.387 e 1.400 euros por metro cadrado construído.

En canto ás poboacións que non son capital de provincia, o Boletín de Vivenda Nova indica que a poboación maior de 25.000 habitantes onde máis caeu o prezo foi Santiago de Compostela (-5,1%), que superou o descenso de prezos sufrido nas distintas capitais de provincia.

En relación ás poboacións da costa galega, Ferrol (-4,7%) e A Coruña (-3,3%) son os municipios que experimentan un maior descenso no prezo da vivenda nova, mentres que en Vigo o prezo descendeu un 1,7 por cento.

É tamén A Coruña (1.736 euros por metro cadrado) a poboación costeira máis co metro cadrado máis caro, seguida por Vigo (1.647 euros por metro cadrado).

RESTO DE ESPAÑA

Segundo o estudio, a rexión que constatou unha maior diminución do prezo da vivenda libre foi Navarra (-9,6%) e La Rioja (-6,9%).

Pola contra, Asturias (-0,8%) e Canarias (-1,5%) son as comunidades onde menos descendeu o prezo da vivenda nova.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS