Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 09.12.2019 Actualizado 13:50
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Ata 1.197 euros

O prezo medio do metro cadrado da vivenda libre en Galicia sobe un 1,7% no terceiro trimestre

SANTIAGO. EP  | 21.11.2019 
A- A+

O prezo medio do metro cadrado da vivenda libre en Galicia situouse en 1.197,4 euros no terceiro trimestre, o que representa un incremento do 1,7% respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo os datos que publica este xoves o Ministerio de Fomento.

Se a comparación efectúase co trimestre anterior, o prezo medio da vivenda libre baixou na comunidade galega, en concreto un 0,5%.

Por provincias, o valor máis elevado correspóndese coa de Pontevedra, 1.264,4 euros, que son un 2,8% máis que no terceiro trimestre de 2018.

Séguelle A Coruña, con 1.228,6 euros (+2,6%) e a continuación xa se atopan os prezos en Ourense, de 934,6 euros por metro cadrado (+1,8%) e Lugo, de 870,8 euros (-2,4%).

No conxunto estatal, o prezo medio do metro cadrado da vivenda libre situouse en 1.638,3 euros no terceiro trimestre, o que representa un repunte do 3,1% en taxa interanual (e do 0,1% intermensual).

VIVENDA PROTEXIDA
Mentres, o prezo medio do metro cadrado da vivenda protexida galega é de 941,8 euros no terceiro trimestre, un 0,1% máis que en igual período do pasado exercicio e un 1,2% máis que no segundo trimestre.

Por provincias, A Coruña lidera esta clasificación cun valor de 972,5 euros o metro cadrado, seguida de Pontevedra (953,7) e Lugo (889,7) --non consta a cifra de Ourense nesta listaxe--.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS