Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 25.06.2019 Actualizado 20:57
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Os prezos soben un 0,5% en marzo en Galicia e a inflación anual aumenta un 1,4%, por riba da media

SANTIAGO. EP  | 12.04.2019 
A- A+

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu un 0,5% en marzo en Galicia en relación ao mes anterior, mentres a inflación interanual elevouse un 1,4%, segundo os datos definitivos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, tanto o incremento de prezos mensual como anual está unha décima por riba da media española, onde avanzan un 0,4% e un 1,3%, respetivamente.

A taxa anual do IPC aumentou en marzo en todas as comunidades autónomas,pero os maiores repuntes, de catro décimas, rexistráronse en Galicia, Baleares e Castela-A Mancha. En cambio, os menores, dunha décima, foron en Canarias, Navarra e Madrid.

Galicia é a quinta comunidade con maior inflación. As autonomías que presentaban en marzo as maiores taxas anuais de IPC foron Navarra (1,7%), Castela e León e Madrid (1,6% en ambos os casos), seguidas de País Vasco (1,5).

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS