Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

DISQUE DISQUE

A prima e os primos

03.08.2011 

4.8/5 [14 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ANTÓN LOSADA

Disque a prima de risco rachou a barreira sicolóxica dos 400 puntos. Aínda que pasada a euforia, os especuladores decidiron que xa nos tomaran bastante por primos e estaba mellor un pouco por baixo, para que lles compense especular.

Os teóricos que sostiñan que o mellor era rematar a lexislatura e adiantar as eleccións ía calmar aos mercados xa fabricaron un novo mantra. A culpa é do Noso Zapatero. Non é que o aparentemente inevitable triunfo do Noso Mariano non xere confianza. É que O Noso ZP adiantou pouco as eleccións. Semella que os mercados son moi sensibles e están castigando que os comicios sexan o 20-N, non o 9-O que é o primeiro día que poderían ser, cos prazos legais na man.

Se esta simpleza non o convence, teñen máis. A culpa é de Grecia, porque non a rascan. A culpa é das autonomías, que non se sabe que fondo teñen e hai moitos coches e asesores. A culpa é dos americanos, por andar xogando coa débeda e as trampas do seu complexo procedemento orzamentario para tumbar como sexa ao Noso Obama. A culpa é de China por ser tantos e medrar tanto, do BCE por no mercar bonos, da Nosa Ánxela porque non ten liderado.... A culpa é doutros ou do Cha-chacha.

Mentres buscamos culpabeis, seguimos agochando a cabeza e evitando afrontar a realidade. Porque non nos gusta e resulta incómoda de aceptar. O problema é europeo e a solución ten que ser europea.

Non podemos seguir tendo unha moeda común e cada quen a súa política económica e fiscal, porque nesa debilidade instálase a desconfianza e na desconfianza frorecen os especuladores. Nin toda a culpa é do Noso ZP, nin todo se vai amañar coa chegada do Noso Mariano. O mundo é asi. Complexo e desconcertante.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS