Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 18.12.2014  | Actualizado 01.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia  |   RSS - Galicia RSS
  • Imprimir
  • Enviar por correo

O SAL DA TERRA

A primeira, na fronte

JOAQUIM VENTURA  | 24.11.2011 
A- A+

Mariano Rajoy confesaba nunha entrevista previa ao día das elecións que non é lento senón que reflexiona as cousas. Aceptémolo. Mellor non nter que ir despois con marchas atrás, como lle sucedeu a Rodríguez Zapatero co cheque-bebé.

E nesa reflexión deberá andar o futuro presidente do goberno porque aínda non deu pistas sobre os membros do futuro gabinete. Con todo, penso que debeu enviar por Galiza adiante, concretamente por terras ourensás, a algún “scout” á procura dun afiador competente. Ese cargo vaise dar por primeira vez na política española. Afiador áulico de tesoiras. Porque coas retalladas que non dixo pero que vai facer, moito haberá que darlle á roda de pedra.

Polo de agora xa foi abrindo camiño Artur Mas. Está claro que os ditados procedentes de Alemaña estanse a impor.

Pero tamén teño a certeza que a Mariano Rajoy se lle debeu atragantar o zume e o cruasán este luns pasado, apenas a doce horas da súa vitoria, cando as mensaxes da prensa económica anunciaban a inmediata intervención do Banco de Valencia. Nada menos que unha das entidades, xunto coa CAM –tamén intervida- e Bancaixa –salvada pola alianza con Caja Madrid- que fixeron posible a febre inmobiliaria na costa valenciana. En resume, os apoios do poder de Paco Camps.

O seu principal accionista, Bankia, non tivo posibilidade de inxectarlle capital, estando como está a procura dun investidor que tape o seu burato de máis de mil millóns, segundo as esixencias de Bruxelas.

Unha intervención que de entrada vai custar tres mil millóns de circulante aos fondos públicos. Que despois os devolva o posible comprador ou que finalmente vaian a cargo do Fondo de garantía de depósitos non consola. De momento, é o Estado quen ten que poñer eses cartos. E pagar un interese de prima de risco de narices polo préstamo.

Confío en que Mariano Rajoy saberá tirar toda a súa capacidade de sedución para que non resulte tan traumático. Porque non estaría nada ben que cunha man colla as tesoiras, ben afiadiñas polo home da roda, e coa outra tape ese burato financeiro sen que ninguén pague por tanta irresponsabilidade. Se non vou errado algo debe haber lexislado para o que se chaman delitos societarios. E páganse coa cadea ás veces.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS