Mércores 08.09.2010  | Actualizado 17.50      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

"HURACÁN"

Prisión para catro dos seis presuntos narcotraficantes

09.08.2008 O "Piturro" Manuel Díaz fica libre pero deberá comparecer cada tres días no xulgado

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

O xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón, a instancias da Fiscalía Antidroga, acordou onte o ingreso en prisión de catro dos seis presuntos narcotraficantes galegos detidos o pasado martes na denominada "operación Huracán", que se desenvolveu tras a abordaxe en alta mar dun barco que tiña 2,5 toneladas de cocaína e o arresto dos seus cinco tripulantes, informaron fontes xurídicas.

Os presuntos "narcos" que ingresan en prisión preventiva tras prestar declaración na Audiencia Nacional son Francisco Javier Pérez Alonso, Alberto Nogueira Fazanes, Ángel Manuel Barge Bustabad e Juan Carlos Rubial Santiago. Os outros dous arrestados en Galicia, Elisa Chouzas Rodríguez e Manuel Díaz Vázquez, o último do clan dos "Piturros" quedaron en liberdade, aínda que para a primeira a Fiscalía pediu o pagamento dunha fianza de 30.000 euros, aínda que se lles retirou o pasaporte e deberán comparecer cada tres días no xulgado máis próximo ao seu domicilio.

A "operación Huracán" contra o narcotráfico galego desenvolveuse en dúas partes. A primeira culminou coa detención da embarcación "Río Manzanares", interceptada polo Grupo Especial de Operacións (GEO) da Policía Nacional e a Axencia Tributaria o pasado 26 de xullo cando se dirixía ás costas galegas e que transportaba 2,5 toneladas de cocaína repartida en 80 fardos. As autoridades detiveron no buque cinco persoas de nacionalidade venezolana que pasaron a disposición xudicial en Canarias.

A segunda parte da operación levouse a cabo en terras galegas, cando axentes do Greco e a Udyco detiveron as seis persoas que compareceron na Audiencia Nacional como presuntas responsables do cargamento unha vez estivese en terra.

A droga, que podería ter un valor no mercado de 73.233.360 euros, segundo Garzón, atopábase na cuberta de popa do buque, xunto con numerosos obxectos pesados de ferro "postos para arroxar a droga ao mar no menor tempo posible". O auto de Garzón coloca a José Nogueira García como responsable máximo da organización española para o transporte de cocaína, e impulsor dos contactos necesarios para localizar unha embarcación pesqueira.

EN URUGUAI

O patrón xa está detido

O patrón do barco enviado por Nogueira cara o punto de encontro co "Río Manzanares", chamado Jesús, xa se atopa nestes momentos detido en Uruguai, segundo puido saber este xornal.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS