Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 14.09.2019 Actualizado 15:12
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A proba extraordinaria da selectividade galega arranca con textos sobre cambio climático e feminismo

SANTIAGO. EP  | 10.07.2019 
A- A+

Temas de actualidade como o cambio climático e o feminismo foron as opcións do primeiro exame da convocatoria extraordinaria da Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) no exame de Lingua Castelá e Literatura en Galicia.

A esta proba presentáronse máis de 3.000 estudantes en toda a Comunidade galega, un número similar ao de 2018 na mesma convocatoria.

A diferenza dos anos anteriores, cando a cita se emprazaba a setembro, esta vez os estudantes pre universtiarios teñen unha segunda oportunidade dende este mércores ata o venres 12 de xullo.

O vicepresidente da CIUG, Pedro Armas, explicou a Europa Press que "non se rexistrou ningún incidente" até o momento. Tamén comentou que os inhibidores de frecuencia están activos nas aulas para evitar o uso de dispositivos electrónicos, como xa se fixo en xuño.

"CRITERIOS HOMOXÉNEOS"
Respecto ao dilema aberto en todo o Estado sobre manter o sistema actual desta proba ou crear unha selectividade única, Pedro Armas móstrase a favor de preservar a ABAU como se coñece, pero con algunha modificación.

O vicepresidente da CIUG considera que España é un "país plural" e que as comunidades autónomas están capacitadas para facer uns exames acordes ás "circunstancias socioculturais da súa rexión".

Con todo, Armas cre que o Ministerio de Educación debe establecer uns "criterios homoxéneos" en canto á estrutura dos exames. Respecto diso, argumenta que "non pode ser que Galicia e Cataluña teñan 'listening' no exame de inglés e outras comunidades non". Ademais, tamén opina que detrás deste debate hai "intereses políticos disfrazados de equidade e igualdade".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS