Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 23.09.2014  | Actualizado 20.42

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

PORTA DE PALLA

O problema da monarquía

XOSÉ M. RIVAS TROITIÑO  | 16.12.2011 
A- A+

Mais cedo ou tarde era previsible que se cuestionara a monarquía. É unha institución que funciona en países onde forma parte da tradición. Mesmo neses casos hai ocasións en que gran parte da ciudadanía pregúntase en voz outa se val a pena mantela.

No noso país, a monarquía foi rexeitada duas veces. Non foi restaurada, porque saltou ao herdeiro, senon instaurada por Franco, que era monárquico. A Franco axudarono os poderes fácticos do tempo a por a monarquía como sucesora, pensando na aceptación do exército e de símbolo de unión territorial para Cataluña e o País Vasco.

Pero cando non é unha tradición, pretender presentala como institución de séculos é incompatible coa aldea global, onde case todo está a vista. Aí entra o concepto de exemplar, sometido ao escrutinio permanente. Gran parte da prensa mantivo perante anos un pacto de non falar da vida e obras da familia real. Mesmo hai teses de doutoramento defendidas en universidades francesas sobre o tratamento no xornal El País.

Agás que aparezan asuntos comprometedores, non é probable que se cuestione ao rei, porque moitos sintense xoancarlistas, ainda que non monárquicos. Pero coido que mais cedo que tarde haberá que decidir en referendum se queremos ou non monarquía. Porque Urdangarín non é o problema. Só unha parte do problema.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS