Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 10.12.2018 Actualizado 21:09
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A produción industrial galega volve a terreo negativo logo de oito meses de subidas

Na media do que vai de ano conta coa segunda maior subida entre comunidades

SANTIAGO. EP  | 08.08.2018 
A- A+

A produción industrial galega volve a terreo negativo en xuño após oito meses de subidas interanuais consecutivas, cun descenso do 3%, segundo os datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Esta baixada é máis acusada que a da media española (-2%). A Comunidade galega ese a oitava cun maior descenso respecto ao mesmo mes de 2017, con Baleares (-9,9%) coas peores cifras. No outro extremo, está o aumento de Cantabria (+5,8%).

Con todo, na media do que vai de ano --entre xaneiro e xuño-- a produción industrial en Galicia conta cunha alza do 8%, segundo maior aumento, só por detrás do 9% de Cantabria. De feito, o incremento galego está máis de seis puntos por encima da media española (+1,8%).

Desde outubro de 2017, a produción industrial na Comunidade ascendera a un ritmo anual do 4,4%, 2,7%, 8,4%, 4,9%, 13,5%, 6,5%, 21,7% --en abril produciuse o maior aumento da serie histórica en Galicia-- e o 7,9% de maio.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS