Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 20.01.2020 Actualizado 21:11
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O profesorado sairá á rúa este xoves pola redución do horario lectivo

SANTIAGO. EP  | 11.12.2019 
A- A+

Os profesores galegos irán á folga este xoves. A campaña de mobilizacións emprendida polos sindicatos docentes desembocará nunha xornada de protestas, na que estas organizacións marchasen de forma unitaria nunha manifestación polas rúas de Santiago de Compostela para reclamar a Xunta a redución do horario lectivo e o regreso á xornada previa aos recortes do sistema educativo.

As mobilizacións están convocadas polos sindicatos da mesa sectorial de Educación (CIG-Ensino, CC.OO. Ensino, FeSP-UXT e ANPE), STEG e CSIF, co obxectivo de esixir ao Goberno galego que de marcha atrás aos recortes emprendido polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo a partir de 2011. Particularmente, reclaman que se anule a ampliación do horario lectivo dos docentes, que supuxo o paso de 21 a 25 horas en primaria e de 18 a 20 en secundaria.

Os sindicatos acusaron á Consellería de Educación de negarse a negociar a devolución desta medida, a pesar de que outras comunidades autónomas do Estado están a recuperar este dereito perdido dos docentes durante a crise económica, cando o Goberno central decidiu impor este horario no territorio de forma similar ao que fixo a Xunta un ano antes.

Así, as organizacións acordaron un calendario de medidas de presión e reivindicativas que culminarán o xoves coa folga nos centros educativos e cunha marcha que sairá da Praza de Cervantes de Santiago ás 12,00 horas.

MIL PROFESORES MENOS
A comitiva percorrerá a Algalia de Arriba e San Roque ata chegar ás dependencias da Consellaría en San Caetano, onde diversos representantes dos sindicatos docentes lerán un manifesto para reclamar a reversión dos recortes.

En concreto, denuncian o empeoramento das condicións de traballo dos docentes tralas medidas dos Gobernos do PP ademais da "desatención" aos alumnos con necesidades especiais, en paralelo aos recortes orzamentarios e a perda de máis de mil postos de profesorado nos corpos de secundaria, entre outras.

A protesta conta co apoio de organizacións do alumnado galego e algunha delas unirase á marcha cunha manifestación propia, ademais dos grupos políticos que conforman a oposición ao Partido Popular.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS