Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 16.08.2019 Actualizado 13:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O programa 'O teu Xacobeo' conta este verán con máis de cen actividades por toda a xeografía galega

SANTIAGO. EP  | 09.08.2019 
A- A+

Galicia acollerá este verán máis dun centenar de actividades dentro da programación de 'O teu Xacobeo', unha convocatoria de proxectos aberta que por primeira vez implica a toda a sociedade galega co Ano Santo.

O programa conta cun investimento de 4,7 millóns de euros e 352 iniciativas e proxectos aprobados, propostos tanto polos concellos como por empresas privadas e entidades sen ánimo de lucro para difundir os valores do Camiño de Santiago e achegar esta celebración a todas as comarcas e municipios.

As propostas abarcan unha gran variedade temática e están dirixidas a todo tipo de audiencias, desde os máis pequenos, a un público xeneralista e colectivos sensibles e que requiren unha maior visibilidade social.

Así, haberá desde proxeccións ao aire libre na Pobra, aplicacións de realidade aumentada na Fonsagrada, seminarios internacionais en Catoira, divulgación científica ou camiñadas escolares.

Este tipo de propostas combinaranse con outras de carácter gastronómico, xornadas de convivencia ou accións sustentables e de reforzo do compromiso do Camiño e a seguridade, entre outras moitas. Outras actividades destacadas son 'Festivaliño on de road', que percorrerá diferentes localidades con accións para os máis pequenos; o 'Barbeira Fest', o 'Festival Fisterra Flm' ou 'Músicas do Camiño'.

A inclusión social será outro dos eixos do programa, con etapas do Camiño da Costa destinadas a adultos con TEA ou persoas con espectro autista.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS