Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 18.06.2018 Actualizado 11:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

PSdeG apoiará que os seus alcaldes repitan como candidatos nas municipais

O secretario de Organización estatal asegura que estes comicios "serán moi importantes" para iniciar a "senda de progreso" que busca o PSOE

SANTIAGO. EP  | 06.03.2018 
A- A+

O Partido Socialista de Galicia apoiará que todos os seus rexedores repitan como candidatos ás alcaldías nas próximas eleccións municipais, cita na que xa traballa para recuperar "músculo" e "forza política".

Así o explicou este martes o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que compareceu en rolda de prensa acompañado do responsable de Organización do PSOE a nivel estatal, José Luís Ábalos. En concreto, o número dous do partido visitou Galicia para manter diversas reunións coa dirección galega e impulsar o proceso de eleccións locais.

Na súa intervención, Caballero destacou que as direccións federal e galega teñen unha "plena sintonía" na "orientación do proceso municipal". "A dirección federal trasladounos o contido do regulamento aprobado no comité federal de hai un mes e, a partir de aí, orientamos as distintas posicións fundamentais", explicou.

Deste xeito, avanzou, o Partido Socialista de Galicia establecerá distintos procesos de elección para, primeiro escoller aos candidatos e despois as candidaturas segundo o número de poboación dos concellos. Así, marcará procesos diferenciados para os de menos de 20.000, para os que teñen entre 20.000 e 50.000, así como para os de máis de 50.000 habitantes.

Así mesmo, conforme sinalou Ábalos, no caso das localidades de máis de 50.000 habitantes, o PSOE estatal establecerá acordos coas direccións territorios para elaborar un calendario propio en cada zona.

Ademais, aínda que non precisou datas concretas, o responsable de Organización do PSOE sinalou que a "idea" é que os candidatos nestas grandes urbes estean elixidos "canto antes". "Despois o resto de candidaturas pode facerse posteriormente", indicou.

PRIMEIRO EXAME
Preguntado sobre se esta cita coas urnas suporá o primeiro exame da nova dirección do PSOE tanto en Galicia como en España, Ábalos asegurou que "sen dúbida" xa que, ademais, no caso galego, "non haberá eleccións autonómicas" o próximo ano.

"Por iso, teremos dúas convocatorias seguras, certas, con independencia de como vaia o goberno da nación, as municipais e as europeas", manifestou para sinalar que "é evidente que serán moi importantes" para "iniciar a senda do progreso" que o PSOE quere abrir.

Pola súa banda, Gonzalo Caballero destacou que o PSdeG está nas "condicións adecuadas" para "encarar" as próximas municipais "con forza, con impulso e coa capacidade de ser alternativa fronte a outros gobernos municipais que non funcionan".

SUPERÁVIT
O líder do PSdeG aproveitou a súa intervención para avanzar, ademais, que os socialistas presentarán mocións en todos os municipios galegos para instar o Ministerio de Facenda a desenvolver con "a maior axilidade posible" o acordo alcanzado co presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, posibilitar aos concellos que poidan usar os seus remanentes.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS