Xoves 09.09.2010  | Actualizado 10.57      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

sanidade

PSdeG e BNG dan luz verde á tramitación da Lei de saúde

26.03.2008 Rubio afirma que o texto servirá para fortalecer o carácter público do sistema sanitario e ter maiores cotas de calidade e eficiencia

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EUROPA PRESS . SANTIAGO

Os grupos do PSdeG e BNG déronlle onte luz verde á toma en consideración da Lei de saúde de Galicia, co fin de iniciar o seu trámite parlamentario, co rexeitamento do PPdeG, que considerou "innecesaria" a nova norma porque "reproduce o 90% do articulado da Lei de ordenación sanitaria de Galicia (Losga)", vixente desde 2003.

Así, nacionalistas e socialistas rexeitaron a enmenda á totalidade para a retirada do proxecto de lei presentada polo PPdeG. Neste sentido, a conselleira de Sanidade, María José Rubio, recalcou que coa nova normativa "dáse un salto cualitativo" dunha norma "descritiva" a un texto "garantista". Ademais, a titular de Sanidade manifestou que o proxecto de lei supón a culminación e establecemento das bases de tramitación da sanidade galega. Deste xeito, indicou que o texto supón un "código sanitario e un marco legal estruturalista" no que se integrarán as futuras leis que están en fase de redacción.

Rubio insistiu en que a nova normativa servirá para "fortalecer" o carácter público do sistema sanitario, permitindo alcanzar "maiores cotas de calidade, seguridade e eficiencia nos servizos sanitarios". "Estamos implantando un modelo de atención integral á saúde, garantindo a continuidade de coidados, a universalidade, a equidade e a accesibilidade", afirmou.

Nesa liña, sinalou a necesidade dun novo texto que "superase a fórmula organizativa e funcional da anterior lei". Así, este proxecto de lei introduce o concepto de Sistema de Saúde de Galicia, que substitúe o termo Sistema Sanitario de Galicia, poñendo "o acento na defensa do carácter público".

Entre outros aspectos, a conselleira incidiu na "nova" regulación e ordenación dos empregados públicos da saúde e da docencia e investigación sanitaria.

"Traerá novos conflitos", din os populares

A regulación dos traballadores do sistema sanitario supuxo unha confrontación co portavoz de sanidade do PPdeG, Miguel Santalices, quen asegurou que a nova norma, que cualificou de "chiquilicuatre", "traerá novos conflitos" porque supón "un atentado contra os dereitos do persoal da Administración", ó establecer a súa "mobilidade forzosa". Ademais, afirmou que o proxecto "é innecesario" e "só cambia o e de Lesga polo o de Losga".

ACTUACIÓNS

"Promover cambios para responder a novos patróns de enfermidades"

A conselleira de Sanidade, María José Rubio, defendeu onte os cambios "estruturais e organizativos" realizados polo Goberno bipartito na área da saúde fronte á "estrutura caduca" deixada polo PPdeG neste ámbito "preparada para o patrón de morbi-mortaldade do século pasado".

Así, na súa comparecencia a petición propia na Cámara galega para informar de actuacións de promoción e protección da saúde, a conselleira sinalou que o Goberno anterior deixou aspectos sen desenvolver como a seguridade alimentaria, polo que a Xunta promove na actualidade "cambios para responder ós novos patróns de enfermidades" coa "axilidade" que requiren as actuacións de promoción e prevención da saúde.

Neste sentido, Rubio recordou que o 80% da mortaldade débese a catro grupos de factores: enfermidades cardiovasculares, cancro (26%), respiratorias e accidentes de tráfico (5%). Por iso, incidiu en que o seu departamento desenvolve "melloras" en materia de recursos humanos, incorporación de nova tecnoloxía, calidade e normativa.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS