Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 22.06.2017 Actualizado 21:06
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Aféalle falta de "transparencia"

O PSdeG denuncia "improvisación" da Xunta nas normas da nova selectividade

SANTIAGO. EP  | 18.05.2017 
A- A+

O portavoz de Educación do PSdeG no Parlamento, Luís Álvarez, cargou este xoves contra a "improvisación" con que a Xunta está a elaborar as normas relativas ás novas probas de acceso á universidade, ata o punto --lembrou-- de que a propia valedora do Pobo decidiu abrir unha investigación.

Precisamente esa investigación motivará unha interpelación ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, no pleno da semana próxima, como avanzou o deputado socialista en rolda de prensa.

E é que, como denunciou, os criterios da nova selectividade aprobáronse o 21 de febreiro pero non se publicaron ata o 27 de marzo no Diario Oficial de Galicia (DOG), unha tardanza que podería supor "unha vulneración da seguridade xurídica" que requiren os procesos desta índole.

Ademais, o parlamentario lucense relacionou esa falta de "transparencia" con "prácticas de tempos pretéritos", moi afastadas do funcionamento que debería ter "calquera administración moderna".

Sen abandonar o ámbito das probas de acceso á universidade, que se celebrarán nunhas tres semanas, advertiu de que as universidades aínda non aprobaron os parámetros de ponderación nos exames voluntarios que permiten subir a nota media. "É unha situación sen precedentes", lamentou.

Adicionalmente, Luís Álvarez criticou que a Xunta se negou a informar os criterios seguidos para seleccionar os centros nos que se realiza a reválida e sobre o cambio nas indicacións para os profesores que queiran acceder ás listas de interinos.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS