Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 24.11.2017 Actualizado 18:59
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O PSdeG denuncia "mala fe" da Xunta ante a sobreventa de billetes a Cíes

A conselleira de Medio Anmbiente, Beatriz Mato, reivindica as súas medidas

SANTIAGO. EP  | 13.09.2017 
A- A+

O deputado do PSdeG Abel Losada denunciou este mércores "ignorancia, incapacidade e mala fe" na xestión da Xunta da sobreventa de billetes ás illas Cíes, ante o cal a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, cuestionou os seus verdadeiros intereses e reivindicou o seu compromiso con este espazo natural.

Ante o pleno da Cámara, a titular de Medio Ambiente expresou "serias dúbidas" sobre que os socialistas estean "a favor da protección da natureza", e contrapúxoas co seu "compromiso" de "preservar, protexer e divulgar" os valores de illas como as Cíes e de garantir a "seguridade" de quen as visitan.

Tras ironizar con que "nada mellor" que "música alta" nunha zona de especial protección das aves para mostrar o compromiso da Xunta co medio ambiente, en alusión a un acto en Corrubedo (Ribeira, A Coruña), reprochou á conselleira a decisión de non permitir o desembarco de máis de 2.000 persoas en Cíes.

"Era máis fácil impedir o embarque en Vigo, pero buscaban a foto do caos organizativo", acusou o parlamentario vigués, convencido de que a intención da Xunta era prexudicar a candidatura deste arquipélago a Patrimonio da Humanidade pola Unesco. "Buscaban que as Cíes pasasen das páxinas de lecer ás de sucesos", sostivo.

PLAN DE USOS PARA O PARQUE NACIONAL

Respecto diso, Mato subliñou que o seu departamento non pode prohibir a saída dun barco dun porto, pois a súa competencia restrínxese á entrada da illa. "E non se podía consentir o que estaban a facer as navieras", remarcou, tendo en conta que algúns días chegouse a cuadriplicar o aforamento permitido.

Neste escenario, o que deixou claro é que as sancións dos últimos expedientes abertos serán "ejemplarizantes", á vez que avanzou que o próximo mes de outubro presentarase o plan reitor de usos e xestión do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. O seu obxectivo, apuntou, é aprobalo en 2018.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS